Casa Miranda gaña por quinta vez o premio do xurado da Semana da Tortilla de Betanzos

A alcaldesa, María Barral, xunto ao presidente do xurado, Luis Veira, e aos gañadores do premio / FOTO ARUME

Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1

Casa Miranda logrou por quinta vez o primeiro premio da Semana da Tortilla de Betanzos. O xurado, presidido polo recoñecido cociñeiro Luis Veira, elixiu a Casa Miranda como a gañadora do certame no que este ano participaron vinte e dous locais de hostalería. Foron finalistas, xunto a Miranda, Sinuessa (gañador do certame en 2017 e 2018), O Progreso (gañador en 2016), La Escondida e A Tixola.

Casa Miranda logra así por quinta vez o primeiro premio do xurado neste concurso que o Concello de Betanzos organiza dentro da celebración da Semana da Tortilla. Tras tres anos sen participar no evento, Pepa Miranda xa se fixera co máximo galardón nos anos 2011, 2013, 2014 e 2015.

A Semana da Tortilla de Betanzos celebrouse entre os días 4 e 13 de outubro e este ano contou coa participación de vinte e dous establecementos hostaleiros dos cales un xurado escolleu aos cinco finalistas. A final celebrouse na mañá do domingo 13 de outubro nunha cata a cegas e pública no Salón Azul do Edificio Arquivo Liceo.

Este ano contou coa presenza do prestixioso cociñeiro Luis Veira que presidiu o xurado da final. A alcaldesa, María Barral, entregoulle un recordo conmemorativo do 800 aniversario do traslado da cidade.

Premio popular

Proximamente darase a coñecer o premio de votación popular da Semana da Tortilla. Nesta ocasión son os propios clientes os que mediante os seus votos elixirán a que consideren a mellor tortilla.

Ademais, os clientes participarán nun sorteo no que poderán gañar catro tarxetas regalo de 100 euros cada unha para gastar nas empresas asociadas a ACEBE CCA e unha tarxeta regalo de 100 euros para gastar nos establecementos asociados a CHES Casco.

O sorteo realizarase o vindeiro 17 de outubro ás 13.30 horas no Salón Azul do Edificio Arquivo Liceo.

Por outro lado, tamén se organizou outro concurso en colaboración con Coca-Cola, no que os clientes podían participar a través das redes sociais do Concello, subindo fotografías do pincho de tortilla xunto a unha botella do refresco.


Novas relacionadas


A PLATAFORMA SOS HOSTELERÍA BETANZOS CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 24 PARA RECLAMAR UN PLAN DE RESCATE

23/02/2021

A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...


leer máis


O SERGAS DETECTA EN BETANZOS TRINTA POSITIVOS DURANTE O CRIBADO POBOACIONAL

10/02/2021

Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...


leer máis


SANIDADE INICIA MAÑÁ UN CRIBADO EN BETANZOS A 8.000 PERSOAS DE ENTRE 18 E 60 ANOS

27/01/2021

Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...


leer máis


O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA INCENTIVAR O CONSUMO LOCAL CON 6.000 EUROS EN TARXETAS REGALO

23/11/2020

O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...


leer máis