Case unha trintena de negocios asociados celebra o Samaín con doces sorpresas

Un total de 27 negocios de diferentes sectores asociados a ACEBE CCA celebrarán o Samaín agasallando con doces aos nenos e nenas que acudan disfrazados aos seus locais. Varios dos negocios inscritos adiantaranse á celebración e repartirán golosinas xa na tarde do venres 30 e outros farano tamén o sábado 31 de outubro. Dende a praza dos Irmáns García Naveira ata o barrio da Condesa, pasando polas céntricas Rúa do Rollo, Rosalía de Castro, Doctor José Fariña e Avenida García Naveira atoparás comercios, locais de hostalería, establecementos de estética, ópticas, ximnasios e outros negocios nos que “reclamar” as túas golosinas.

Os seguintes establecementos repartirán doces e golosinas na tarde do venres: Comercial Veiga, Dans, Don Dino, El Cantón Ropa Interior, Larpeiradas Babel, Librería Brea, On Training, Óptica Brigantium, Óptica Tábora, Panadería El Mollete, Puntadas con Amor, Supermercado Bonome e Un Mundo de Fruta.

Nos seguintes negocios celebrarán o Samaín o venres e o sábado: 3Pes Barefoot, Bicoca, Café Europa, Casa do Queixo, Confecciones Chela, Cuore, Gadis, Moita Miga, Panadería Santa María, Óptica-Parafarmacia-Herboristería Selgas, Tocho, Xoma Kids e Zentral Óptica. En Pescados Paula poderás recoller os teus doces na mañá do sábado.

Dende a directiva de ACEBE CCA agradecen a alta participación nesta iniciativa, organizada pola asociación, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Betanzos e na que colabora Gadis, e animan ás familias a visitar os negocios inscritos para recibir unha doce sorpresa.


Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis