A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA, foi unha das galardoadas coa distinción Garelo que...
A empresa propietaria dos chalés do Pasatempo pide a licencia de derrube
A empresa participada por Banesto, como propietaria das vivendas unifamiliares inacabadas do Pasatempo, ven de solicitar ante o Concello a licencia para o derrube destas estruturas construidas a principios da década dos 90.
A solicitude terá que ser valorada e informada polos servizos municipais para despois pasar aos órganos de goberno. No momento no que obteña a licencia, os traballos comezarían de inmediato, tal e como sinalaron fontes do Concello.
A demolición das vivendas foi unha petición expresa da Alcaldesa, María Faraldo, aos representantes da Xunta de Compensación do Plan Parcial do Pasatempo, tal e como indicaron fontes municipais.
A actuación afectará ás estruturas de formigón construidas en varias parcelas do Pasatempo que nunca foron rematadas. O derrube custará uns 66.000 euros que serán asumidos pola Xunta de Compensación.
O Concelleiro de Urbanismo, José Luis Santos Cobelo, salientou que o Concello “seguirá a realizar xestións para tratar de mellorar esta zona” e lembrou que o Goberno Local tamén desbloqueou a situación dunha nave, localizada nas cercanías destas vivendas, que tamén está en situación de abandono e na que estaba previsto construir un centro comercial.
Chalés pasatempo, urbanismo
Novas relacionadas
08/09/2009
O Concello retira a ponte de madeira que será sustituida por outra de deseño similar A ponte de madeira do malecón pasou á historia. O seu dete...
05/11/2009
O Concello ten que reordenar os estacionamentos no entorno do acuartelamento para cumprir os requisitos de seguridade que regula o Ministerio de...