Champiñóns recheos sobre salsa de foie

Receita cedida por Restaurante Cho

Ingredientes:

Para os champiñóns

-1 bandexa de champiñóns enteiros e grandes

-20 gr. de cebola

-20 gr. de puerro

-200 ml. de caldo de verdura (aproximado)

-1 c/s de fariña

-60 gr. xamón serrano (aproximado)

-sal, pementa e noz moscada

-aceite de oliva.

Para o empanado

-Fariña, ovo e pan rallado

Para a salsa

-300ml de nata

-250 gr de foie de oca

-pizca de pementa branca moída

Elaboración:

-Cortamos a raíz dos champiñóns, retiramos o pe e limpamos suavemente os sombreiros con papel de cociña. Reservamos.

-Cortamos a cebola, o puerro e o talo do champiñón en brunoisse moi fino.

-Nun cazo poñemos un pouco de aceite e rehogamos a cebola xunto co puerro e o talo. Engadímoslle a fariña e rehogamos uns segundos para cociñala. Engadímoslle pouco a pouco o caldo quente sen deixar de bater ata que espese. Engadímoslle sal, pementa e noz moscada. Por último engadímoslle o xamón troceado.

-Deixamos enfriar un pouco no frigorífico e recheamos os champiñóns apretando un pouco o recheo para que non sobresaia demasiado. Unha vez os teñamos preparados pasámolos por fariña, ovo e pan rallado e freímos en aceite ata que estean dourados.

-Para a salsa poñemos a nata nun cazo a lume suave e engadimos o foie de oca e unha pizca de pementa branca. Deixamos reducir e retiramos.

-Para o empratado poñemos a salsa de foie no fondo dun prato cos champiñóns recheos enriba, decoramos con perexil e 1 tomate cherry e a comer.


Noticia extraída do Nº 354 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


PISTO DE VERDURAS

31/10/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...


leer máis


TARTA DE ARÁNDANOS

25/09/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...


leer máis


PESCADA EN SALSA DE PEMENTOS DE PIQUILLO

01/05/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...


leer máis


CROQUETAS VEXETARIANAS

26/03/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...


leer máis