A sede de ACEBE acolle a charla Transformación Digital Accesible para Pymes, organizada pola Oficina Acelera Pyme de ITG

Gallery Thumb 1

O martes 6 de outubro a sede de ACEBE, ubicada na praza Mestre Xosé Dapena número 1, acollerá a charla informativa titulada “Transformación Digital Accesible para Pymes”, organizada pola Oficina Acelera Pyme do Instituto Tecnológico de Galicia (ITG) coa colaboración de ACEBE CCA.

A acción formativa será impartida por David Villar Rodríguez, responsable de proxectos no Instituto Tecnológico de Galicia (ITG), Economista con MBA con experiencia de máis de 5 anos como consultor tecnolóxico, axudando a empresas a optimizar procesos, reducir custes e mellorar a súa productividade.

A charla comezará ás 20.30 horas e terá una duración aproximada dunha hora. É gratuíta e o número de prazas está limitado a 15 persoas polo que é precisa inscrición previa. Os socios e socias que desexen asistir deberán reservar praza no teléfono 981774574 (de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas), enviando un correo electrónico a acebe@comerciodebetanzos.com ou un WhatsApp ao 618 829 804.

Contenido da charla

A xornada ten un carácter práctico e o seu obxectivo é amosar ás pemes, autónomos e emprendedores de Betanzos, como se pode levar a cabo un proceso de transformación dixital na empresa incorporando ferramentas dixitais accesibles que melloren a productividade e que faciliten unha mellor xestión do negocio. Durante a sesión amosaranse exemplos de ferramentas orientadas a mellorar a xestión das vendas, procesos produtivos ou de xestión documental que adoitan ser comúns en pemes y autónomos de diferentes sectores, coa finalidade de facilitarlles a xestión diaria do seu traballo.

A sesión organizarase seguindo os seguintes puntos:

-Quen somos: Centro Tecnológico ITG e Oficina Acelera Pyme de ITG

-Recursos gratuítos que a Oficina Acelera Pyme de ITG pon a disposición das Pemes.

-Que é a transformación dixital?

-Como inicio un proceso de transformación dixital no meu negocio?

-Exemplos de ferramentas dixitais accesibles que podo empezar a usar hoxe.

-Dúbidas e preguntas.

Proxecto Oficina Acelera Pyme de ITG

A Oficina Acelera Pyme de ITG forma parte da rede impulsada por Red.es con financiación europea (FEDER) para apoiar a dixitalización das empresas galegas.

O Instituto Tecnológico de Galicia (ITG), en colaboración coa entidade pública empresarial Red.es, pon en marcha a Oficina Acelera Pyme (OAP) de A Coruña, co obxectivo de fomentar a transformación dixital nas empresas de Galicia e, con iso, a transformación da economía e da sociedade galega. Desde a súa oficina en A Coruña apoian ás empresas da provincia.

As Oficinas Acelera Pyme postas en marcha en toda España por Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública a través da Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial, contan na súa convocatoria 2025 cun importe de axuda concedida de máis de 29 millóns de euros para impulsar a dixitalización de pemes, autónomos e emprendedores. O importe de la axuda máxima é do 80% do orzamento subvencionable e está financiada pola Unión Europea, Fondos Europeos de Desarrollo Regional (FEDER) do período 21-27.


Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis