Chipiróns da ría con arroz en branco e cebola chata de Miño

Receita cedida por Restaurante San Andrés

Ingredientes (Para 4 persoas):

Para o arroz branco:

-200 g. de arroz bomba

-Un dente de allo

-Media cebola pequena

-Aceite de oliva

-Auga e unha pizca de sal

Preparación:

Para o arroz branco:

-Nunha tarteira baixa dórase un pouquiño o allo e a cebola sen que tomen demasiada cor, retíranse e agrégase o dobre (que a cantidade de arroz) e un pouquiño máis de auga. Cando levante fervor agrégse o arroz e unha pizca de sal.

-Ponse a lume medio tapado, nuns 20 minutos aproximadamente apágase e déixase repousar.

Para os chipiróns:

-Límpanse cando son medianos, os máis pequeniños non.

-Colócanse nunha tixola 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra e ao templar agréganse 2 cebolas grandes cortadas en cadriños iguais.

-Cando comece a tomar cor tenue agréganse 24 chipirónss, súbese o lume, déixanse 5 minutos por un lado, y 5 por outro.

-Sírvese no medio da fonte o arroz, arredor os chipiróns e enriba a cebola e a súa propia salsa.


Noticia extraída do Nº 358 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


PISTO DE VERDURAS

31/10/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...


leer máis


TARTA DE ARÁNDANOS

25/09/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...


leer máis


PESCADA EN SALSA DE PEMENTOS DE PIQUILLO

01/05/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...


leer máis


CROQUETAS VEXETARIANAS

26/03/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...


leer máis