Chipiróns en tinta

Receita cedida por Mesón Avenida

Ingredientes:

Para 4 persoas:

1 kg de chipiróns

1 cebola vermella grande

2 dentes de allo

3 culleradas de tomate caseiro

1 pemento vermello

1 pemento verde

1 copiña de viño branco

2 bolsiñas de tinta

aceite virxe

1 cullerada de pimentón dulce da Vera

Sal

Elaboración:

1.-Nunha cazola botar un bo chorro de aceite de oliva e pochar as verduras, cebola, allo, pemento vermello e pemento verde.

2.-Unha vez ben pochadiño, engádense 3 ou 4 culleradas de tomate caseiro e rehógase. A continuación botar o viño branco e cociñar uns minutos a lume moderado-baixo.

3.-Diluir a tinta de calamar nun vaso de auga co pimentón e incorporalo ás verduras, cociñar a lume moderado durante 5 minutos máis.

4.-Pasar polo pasapurés ou pola batedora e reservar.

5.-Na mesma cazola dorar os chipiróns a lume moderado cun chorriño de aceite, ata que estean tenros (uns minutos).

6.-Engadir o prebe de tinta negra á cazola dos calamares e cociñar o conxunto durante 20 minutos a lume lento.

7.-Pódese acompañar con arroz branco.


Novas relacionadas


PISTO DE VERDURAS

31/10/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...


leer máis


TARTA DE ARÁNDANOS

25/09/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...


leer máis


PESCADA EN SALSA DE PEMENTOS DE PIQUILLO

01/05/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...


leer máis


CROQUETAS VEXETARIANAS

26/03/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...


leer máis