Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...
Chulas
Receita cedida por Restaurante Cho
Ingredientes:
-1/2 cabaza (500 gr más o menos)
-4 ovos
-5 culleradas de azucre
-1/2 vaso de leite
-7 culleradas de fariña
-Anís
-Sal
-Aceite de oliva suave para fritilas
Elaboración:
-En primeiro lugar, imos preparar puré de cabaza. Para iso, pelamos a media cabaza cocémola nunha pota con auga e unha pizca de sal. Cando estea cocida deixamos que a cabaza escurra moi ben e perda toda a auga sobrante. Unha vez escurrida xa podemos triturar a cabaza coa batedora ata obter un puré fino e liso.
-Colocamos o puré de cabaza nun bol e engadímoslle os ovos. Batemos ata que os ovos se incorporen perfectamente. Agregamos un chorriño de anís para aromatizar (ou se o preferides limón) e o azucre e volvemos a bater todo. Engadimos o leite á preparación, mesturamos e, por último, incorporamos a fariña e batemos. A masa debe adquirir consistencia e non quedar líquida, pero ao mesmo tempo non demasiado consistente e que aol levantar a espátula caia a masa con facilidade.
-Botamos un chorro de aceite nunha tixola, o xusto para cubrir a base. Cando estea quente, cun cucllerón imos botando pequenas porcións de masa na tixola formando tortiñas.
-Cando estean douradas por un lado, dámoslle a volta con coidado e unha vez que estea feita polo segundo lado retirámola a un plato con papel absorbente para que recolla o excedente de aceite. Servir quentes ou frías espolvoreadas con azucre.
Novas relacionadas
25/09/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...
01/05/2021
Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...
26/03/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...