PECHA CON ÉXITO A XVI EDICIÓN DE MERCABETANZOS ORGANIZADA POR ACEBE CCA

Numeroso público se achegou á carpa de MercaBetanzos

Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1

A XVI edición de MercaBetanzos que se celebrou na Praza Irmáns García os días 7 e 8 de setembro pechou cun novo éxito de público e de vendas tal e como destacaron os comerciantes participantes. A mañá do sábado foi o momento máis concurrido e mesmo se formaron ringleiras de xente agardando antes de que o recinto abrise as súas portas. Ao longo das dúas xornadas rexistrouse un gran número de visitas tanto de betanceiros como de veciños e veciñas doutras localidades e tamén turistas.

Os comerciantes que participaron en MercaBetanzos mostraron a súa satisfacción pola alta afluencia de público que lles serviu non só para vender os produtos de stock da temporada, senón tamén para promocionar os seus respectivos negocios.

O evento, organizado por ACEBE CCA en colaboración co Concello de Betanzos e con Parking Betanzos, reuniu nunha carpa a unha quincena de establecementos comerciais asociados a ACEBE CCA.

O mercado das oportunidades do comercio local contou con postos de moda, complementos, beleza, óptica e parafarmacia, alimentación, saúde e este ano, como novidade, viaxes. Os clientes puideron adquirir os produtos de stock dos establecementos participantes a prezos moi reducidos.

Nesta edición de MercaBetanzos participaron: Bicoca Moda Home, Carrousel, Confecciones Chela, Dans, Freesia, Isi, La ventana al Sur, Lencería Alicia, New Place, Outfit, Óptica e Parafarmacia Selgas, Tikismikis, Traviesa, Viajes Betantur e Xomakids.

Na organización de MercaBetanzos colaborou o Concello de Betanzos, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. Ademais, a empresa concesionaria do aparcadoiro soterrado, Parking Betanzos, colaborou con ACEBE CCA facilitando aos establecementos participantes tickets de parking de media hora para entregar aos seus clientes e facilitarlles así o estacionamento durante a fin de semana que durou o evento.


Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis