Codillo de porco asado á cervexa

Receita cedida por Restaurante Cho

Ingredientes (para 4 persoas)

4 codillos de porco frescos, 6 ceboletas frescas, 1 rama de pirixel, 1/2 vaso de aceite de oliva, 66 cl de cervexa tostada, 2 culleradas de mel, 1 cullerada de mostaza, 2 culleradas pequenas de maizena, 1/2 cullerada pequena de pementa negra moída, 1 cullearada de sal

Guarnición:

1/2 kg de patacas, 100 gr de manteiga, 1/2 vaso de nata líquida, 1 pizca de pementa branca moída, 1 cullerada de sal.

Elaboración:

-Recoméndoche retirar a pel do codillo pero sen sacar toda a graxa xa que aportará moi bo sabor final ao asado.

-Sazona os codillos con sal grosa e pementa negra recén moída. Colócaos nunha placa de asar, sobre as ceboletas peladas e cortadas á metade. Espolvorea co pirixel picado.

-Engade o aceite sobre os codillos e introduce no forno prequentado a 220ºC.

-Transcorridos uns 20 minutos e cando comece a dourarse, dalles unha volta e engade entón a cervexa tostada.

-Baixa a temperatura do forno a 170ºC e asa lentamente unhas 2 horas máis volteándoos 1 ou 2 veces. Se observas que a placa de asado queda sen líquido, engade un pouco de caldo ou auga.

-Durante o tempo de asado aproveita para facer o puré de patacas. Pela, lava e trocea as patacas que porás a cocer en auga con sal. Unha vez tenras (20 minutos), tamízaas co pasapurés, robot de cociña, etc. Engade a manteiga, nata líquida e pementa branca. Conserva cerca do calor ou a baño maría e tapa o puré para evitar que se reseque a superficie.

-Unha vez completado o tempo de asado retira os codillos e, co forno apagado, mantenos quentes mentres terminas a salsa.

-Engade á placa de asado un pouco de caldo ou auga, a suficiente para obter salsa para os 4 codillos. Disolve un par de culleradas de maizena nun pouco de auga fría e verte sobre a salsa. Deixa ferver un par de minutos ata que a salsa espesara ao teu gusto e tritura coa batedora. Incorpora un par de culleradas de mel, la mostaza e xa tes a salsa lista.

-Emplata o codillo ben dourado sobre o puré de pataca, engade un pouco de salsa e desfruta.


Noticia extraída do Nº 356 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


PISTO DE VERDURAS

31/10/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...


leer máis


TARTA DE ARÁNDANOS

25/09/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...


leer máis


PESCADA EN SALSA DE PEMENTOS DE PIQUILLO

01/05/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...


leer máis


CROQUETAS VEXETARIANAS

26/03/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...


leer máis