A coordinadora da Semana Santa constitúese como Cofradía

O grupo de persoas que ata agora traballaban na coordinación dos actos da Semana Santa acaba de constituirse como Cofradía.
Esto permitiralles acceder a subvencións para ampliar os recursos de que dispoñen (as aportacións de socios e de colaboradores e patrocinadores) para conseguir en vindeiros anos continuar a realzar os actos da Semana Santa brigantina.
Este ano serán uns 160 costaleiros os que conduzan os pasos nas procesións e ven de incorporarse tamén un grupo de xóvenes a esta tarefa. A Cofradía lembra que están abertos á colaboración de todos aqueles que desexen participar de forma activa nas procesións. As persoas que queiran participar como costaleiros poden chamar ó teléfono 609522207.
Este ano, ademais da Banda Municipal de música acompañarán as procesións a Banda de San Pantaleón e un coro formado por oito persoas que cantarán á Virxe nalgún dos actos programados. O desexo da Cofradía é que esta agrupación que se creou este ano poida incrementarse o próximo.
Como actos previos á Semana Santa o venres 14 de marzo na Igrexa de San Francisco oficiarase unha misa solemne na honra da Virxe dos Remedios ás 19:30 horas. Despois, procederase á lectura do pregón ó que seguirá un concerto de música sacra a cargo da Coral Polifónica de Betanzos. O martes 18 ás 19:30 horas en Santo Domingo terá lugar unha celebración comunitaria da Penitencia.
Domingo de Ramos. 16 de marzo
Ás once da mañá no adro da Igrexa de Santo Domingo terá lugar a Bendición de Ramos e a procesión ata San Francisco. Ás doce da mañá nos Remedios oficiarase unha misa solemne. Suprímense as misas de once de Santo Domingo e a de doce de Santa María do Azougue.
Xoves Santo. 20 de marzo
Celebrarase a Misa da Cea do Señor ás seis da tarde na Igrexa das Madres Agustinas, ás sete da tarde na Igrexa de Nosa Señora dos Remedios e ás sete e media na Igrexa de Santiago.
A Hora Santa será ás once na Igrexa de Santiago. As procesións sairán ás 21:30 horas da igrexa de Santa María coa imaxe de Jesús Nazareno, a imaxe da flaxelación e a do Cristo clavado na cruz.
Da Igrexa de San Francisco sairá a imaxe do Ecce Homo e da Igrexa de Santiago a imaxe de Nosa Señora das Dores. Na praza da Constitución producirase o Santo Encontro.
Venres Santo. 21 de marzo
Ás 10:30 horas na igrexa de Santa María celebrarase o Vía Crucis. Ás 12:00 en Santo Domingo, representación de Semana Santa a cargo dos nenos do catecismo parroquial. Haberá Santos Oficios ás 17:00 horas na Igrexa das Madres Agustinas; ás 19:00 horas na Igrexa de Nosa Señora dos Remedios e ás 18:30 horas na Igrexa de Santiago.
As procesións sairán ás 20:00 horas o Santo Enterro, sae de Santo Domingo coas imaxes de Xesús Crucificado, Santo Sepulcro, a Vixe da Soidade e Nosa Señora da Angustia. Ás 22:30 horas “Os caladiños”, sae de San Francisco coas imaxes da Virxe das Dores. En todas participa a Banda Municipal de Música

Sábado Santo. 22 de marzo
Haberá celebracións ás 21:00 horas na Igrexa das Madres Agustinas, ás 22:00 horas en Santiago unha celebración conxunta das parroquias de San Martín de Tiobre, Santa María do Azougue e Santiago. Haberá celebracións ás 9:00 en San Martín de Bravío; ás 10:00 na Angustia; ás 11:00 en Santo Domingo; ás 12:00 nos Remedios e en Santa María; ás 13:00 en San Martín de Tiobre; ás 18:30 en San Francisco e ás 19:30 en Santo Domingo
 

Novas relacionadas


ACEBE CCA RECIBE O GARELO DE COMERCIO E INDUSTRIA

07/09/2012

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA, foi unha das galardoadas coa distinción Garelo que...


leer máis


A EMPRESA PROPIETARIA DOS CHALÉS DO PASATEMPO PIDE A LICENCIA DE DERRUBE

08/09/2009

A empresa participada por Banesto, como propietaria das vivendas unifamiliares inacabadas do Pasatempo, ven de solicitar ante o Concello a licencia ...


leer máis


O CONCELLO RETIRA A PONTE DE MADEIRA QUE SERÁ SUSTITUIDA POR OUTRA DE DESEÑO SIMILAR

08/09/2009

O Concello retira a ponte de madeira que será sustituida por outra de deseño similar A ponte de madeira do malecón pasou á historia. O seu dete...


leer máis


OS VECIÑOS DE ALFONSO IX PIDEN O TRASLADO DO CUARTEL DA GARDA CIVIL POR SEGURIDADE

05/11/2009

O Concello ten que reordenar os estacionamentos no entorno do acuartelamento para cumprir os requisitos de seguridade que regula o Ministerio de...


leer máis