COMPáS PROXECTOS SERVIZOS | SERVIZOS CULTURAIS | BETANZOS
COMPáS Proxectos de Animación Sociocultural e Turística
COMPáS, Proxectos de Animación Sociocultural e Turística ten a súa zona de actuación en Betanzos e a súa comarca que comprende os concellos da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Somos unha empresa creativa e ofertamos servizos de dinamización, lecer, tempo libre e turismo creativo e cultural.
Desde COMPáS propoñemos un novo consumo do ocio para todo tipo de públicos. Desde as persoas máis pequenas da casa ata aquelas que teñen máis experiencias, basado na sustentibilidade do territorio, a igualdade de xénero, a creatividade, as artes e a posta en valor do patrimonio material e inmaterial galego.
Para levar a cabo estas actividades contamos cunha equipa multidisciplinar e con formación académica que vai desde Animación Sociocultural e Turística, Belas Artes, TAFAD, Educación Física e Educación Social.
As actividades que podedes facer en COMPáS son diversas e van desde obradoiros para aprender a facer papel, encadernación, facer o teu propio herbario, coñecer o territorio ou disfrutar coas túas amizadas no medio das propias viñas. Ainda que se o prefires podes facelo tranquilamente na túa casa cos nosos kits Creativos.
Podes poñerte en contacto directamente con COMPáS a través do teléfono 636 044 442 ou visitar a web www.compas.gal