DAGGA CBD SAÚDE | TERAPIAS | BETANZOS

Nas galerías de Pintor Seijo Rubio, en Betanzos, atópase unha das poucas tendas físicas de CBD de Galicia.
Este proxecto, impulsado por tres amigos Betanceiros pretende dar a coñecer os beneficios deste canabinoide e desestigmatizar a visión do cáñamo como cultivo para fins soamente recreativos. O cáñamo conta con infinidade de utilidades como materia prima para téxtil, biomasa, alimentación ou saúde.
Neste caso, DAGGA CBD, que é o nome comercial desta cooperativa galega achéganos os usos máis terapéuticos do canabidiol (CBD) e pretende axudar a persoas con diferentes doenzas que aposten por remedios máis naturais e menos agresivos para o organismo.
Os principais efectos que ten este cannabinoide son como antiinflamatorio, ansiolítico natural, relaxante muscular e somnífero.
En Dagga podes atopar produtos cosméticos como bálsamos recuperadores efecto frío calor, cremas hidratantes para tratar eczemas da pel e psoriase, aceites con efectos ansiolíticos e antiinflamatorios ou flores ornamentais.