SELPERIA SERVIZOS | DESEÑO E COMUNICACIÓN | BETANZOS
Traballo desde Betanzos como Community Manager e Creadora de Contido, levando RRSS de comercios locais. Especialmente realizo traballos de Fotografía de Produto, Moda ou Fotorreportaxes.
Durante os últimos anos traballei en distintas gravacións de curtametraxes, videoclips e series web. Nestes proxectos traballo como encargada de fotografía fixa, encargada de vestiario, encargada de maquillaxe e perruquería ou como directora de arte.
Tamén desenvolvo constantemente proxectos persoais de fotografía artística e caracterización, facendo incursións noutras áreas, como o stopmotion ou o deseño de personaxes.