Comeza a Campaña de Nadal de ACEBE CCA que porá en xogo 1.500 euros en premios

A Campaña de promoción de ACEBE CCA ten este ano como lema "Dálle vida ao Nadal en Betanzos" e sorteará 1.500 euros que se repartirán en oito premios: un primeiro de 500 euros, dous segundos  de 250 euros cada un e cinco terceiros de 100 euros cada un.

Os premios entregaranse en forma de tarxeta regalo que só poderá ser canxeada nos establecementos asociados a ACEBE CCA.

Con esta iniciativa a Asociación busca premiar a fidelidade dos clientes que mercan no comercio, na hostalería e nas pequenas empresas da cidade. Ademais, o premio revirte de novo nos establecementos asociados.

Reparto de boletos

O reparto de rifas entre os clientes que realicen as súas compras nos comercios e empresas asociados a ACEBE CCA realizarase entre o 9 e o 31 de decembro. Os boletos permitirán aos clientes participar no sorteo que se realizará ante notario o 8 de xaneiro de 2020.

Os números gañadores publicaranse na web de ACEBE CCA: www.comerciodebetanzos.com, en redes sociais e na edición de xaneiro do periódico “Betanzos e a súa comarca”.

Para que as papeletas sexan válidas para o sorteo deben estar seladas polo establecemento emisor. As rifas están divididas en dúas partes, unha é para o cliente e a matriz para o comerciante. É imprescindible que o comerciante conserve as matrices que serán recollidas a partir do 2 de xaneiro de 2020.

Parque infantil de xogos

ACEBE CCA completará a Campaña de Nadal coa instalación dun parque infantil de xogos que abrirá ao público na tarde do 20 de decembro. Con esta iniciativa a Asociación de Comerciantes busca proporcionar unha alternativa de lecer que complementa a campaña de promoción comercial.

O parque estará instalado nunha carpa de 200 metros cadrados ubicada na Praza dos Irmáns García Naveira e conta con zonas de xogo diferenciadas por idades. As actividades estarán dirixidas por monitores que acompañarán aos nenos e nenas e controlarán que se respete a orde e evitar riscos.

O horario de apertura será de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Os días 24 e 31 pechará ás 19:00 horas. Os días 20 e 25 abrirá en horario de tarde e o 1 de xaneiro estará pechado.

Para acceder ao parque infantil será preciso entregar as invitacións que os comercios asociados a ACEBE CCA repartirán entre os seus clientes. Non haberá entradas á venda na carpa. A listaxe de comercios asociados a ACEBE CCA pode consultarse na páxina web: www.comerciodebetanzos.com. Ademais, os establecementos asociados dispoñen de distintivos que os acreditan como socios.

O parque contará con xogos PlayMóbil, Superzings, Rolly Toys e, como novidade este ano, xogos de Carrera. Ademais, haberá unha zona junior para menores de 4 anos que poderán acceder sen entrada. Con cada invitación para entrar ao parque os nenos e nenas recibirán un boneco SuperZings de agasallo.

Xornada solidaria

O 23 de decembro ACEBE CCA organiza unha xornada solidaria de recollida de alimentos e produtos de hixiene que se repartirán entre Cruz Vermella e Cáritas Betanzos. Durante este día as persoas que realicen doazóns na caseta que o Concello instalará a carón da carpa, poderán conseguir unha entrada especial, válida só nesta xornada, que lles dará acceso ao parque infantil. Nesa xornada non será preciso presentar invitación para poder acceder ao recinto

BASES DA PROMOCIÓN NÚMEROS PREMIADOS

Noticia extraída do Nº 325 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE PRIMAVERA DE ACEBE CCA SORTEA 2000 BOLSAS DE TEA DE DESEÑO EXCLUSIVO A TRAVÉS DA SÚA APP

11/04/2024

ACEBE CCA porá en marcha entre o 15 de abril e o 10 de maio a súa campaña de primavera na que sorteará, mediante premio directo, 2.000 bolsas de t...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA DE ENVÍOS GRATUÍTOS PARA AS VENDAS EN LIÑA

21/03/2024

ACEBE CCA puxo en marcha o servizo de envíos gratuítos para as vendas en liña ao que polo momento se sumaron un total de 18 comercios. Trátase dun...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SABADELL ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CON VANTAXES PARA OS NEGOCIOS ASOCIADOS

15/03/2024

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Sabadell Gallego asinaron a renovación do convenio de ...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS O 2 E 3 DE MARZO NO LICEO

16/02/2024

ACEBE CCA organiza na fin de semana do 2 e 3 de marzo unha nova edición de MercaBetanzos, a feira de oportunidades do comercio local, na que particip...


leer máis