Comeza a Campaña Días Azuis do Comercio Galego que sortea 14000 euros en premios

Xa está en marcha unha nova edición da campaña "Días Azuis do Comercio Galego" que sorteará 14.000 euros en premios entre os clientes dos negocios de proximidade das catro provincias galegas.

A iniciativa está promovida pola Federación Galega de Comercio e pola Xunta de Galicia, e conta coa colaboración de ABANCA e das federacións provinciais, das asociacións de comerciantes e dos centros comerciais abertos de Galicia.

Poderán participar na campaña os clientes que realicen as súas compras nos comercios de proximidade dende o día 1 ata o día 20 de novembro de 2021. En total sortearanse 14.000 euros en premios en forma de tarxetas prepago regalo. A campaña porá en xogo 32 tarxetas de 250 euros (8 por cada provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia) que deberán empregarse tamén en compras nos establecementos comerciais tradicionais tendo como prazo máximo ata o 30 de xullo de 2022.

Os clientes poden participar de dúas maneiras. Por un lado, rexistrando a compra realizada na páxina web www.diasazuis.com e, por outro lado, coa colaboración do comerciante, sendo este quen rexistre a compra en www.diasazuis.com/comercios. Desta maneira, o consumidor obterá unha participación extra no sorteo.

En calquera caso, o cliente deberá fotografiar e/ou gardar o tiquet de compra como xustificante para poder reclamar o premio.

O sorteo realizarase ante notario o 24 de novembro de 2021 e será a Federación Galega de Comercio quen contacte cos gañadores dos premios para informarlles da data de entrega. Os gañadores publicaranse tamén na páxina web da campaña.


Novas relacionadas


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DO BETANZOS SHOWROOM CELEBRA O 25 E 26 DE NOVEMBRO NO EDIFICIO LICEO

17/11/2023

Os días 25 e 26 de novembro ACEBE CCA organiza no Edificio Liceo unha nova edición do Betanzos Showroom Celebra no que participan nove  expositores...


leer máis


OS PARTICIPANTES NO BETANZOS SHOWROOM CELEBRA SORTEAN AGASALLOS ENTRE OS VISITANTES DO EVENTO

17/11/2023

Os nove negocios que participan nesta nova edición do Betanzos Showroom Celebra organizado por ACEBE CCA sortean agasallos entre os visitantes do eve...


leer máis


A CANDIDATURA DE MARÍA LUISA PÉREZ IGLESIAS ELIXIDA POR UNANIMIDADE PARA DIRIXIR ACEBE CCA OS PRÓXIMOS DOUS ANOS

15/11/2023

ACEBE CCA ten nova xunta directiva para os próximos dous anos. Os socios e socias reunidos en Asemblea elixiron por unanimidade a candidatura presidi...


leer máis


ACEBE CCA CELEBRA O SAMAÍN CON DOCES SORPRESAS E UN MISTERIO POR RESOLVER

27/10/2023

Unha vintena de negocios de diferentes sectores sumouse á proposta de ACEBE CCA para festexar o Samaín agasallando cunha doce sorpresa aos  nenos e...


leer máis