A Federación de Comercio da Coruña convoca un concurso de vídeo para escolares con 2.550 euros en premios

A Federación de Comercio da Coruña convoca o concurso de vídeo “Os pequenos co pequeno comercio”, no que poderán participar estudantes de 1º e 2º da ESO de toda a provincia. En total entregaranse vinte premios que suman 2.550 euros para gastar nos comercios de proximidade que escollan os gañadores.

Haberá un primeiro premio de 300 euros; un segundo de 250 euros; un terceiro de 200 euros; un cuarto e un quinto premio de 150 euros cada un e quince premios de 100 euros.

Para participar é preciso gravar un vídeo dun minuto de duración co teléfono móbil ou coa Tablet no que se conte unha historia relacionada co comercio de barrio. Para elixir aos gañadores e gañadoras valorarase a orixinalidade á hora de expresar as vivencias que os rapaces e rapazas teñen en relación co comercio tradicional.

O prazo de entrega dos traballos remata o 3 de outubro e para participar é preciso rexistrarse na web: www.videocomerciocoruna.es. Os premiados comunicaranse o día 9 de outubro e a entrega de premios e de diplomas será o día 12.

O certame conta co apoio da Xunta de Galicia, de Novogal e de ABANCA.


Novas relacionadas


A CAMPAÑA “DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO” SORTEA 20000 EUROS EN PREMIOS NA SÚA EDICIÓN DE VERÁN

10/06/2024

A Campaña "Días Azuis do comercio galego" sorteará na súa edición de verán 20000 euros en tarxetas regalo para gastar no pequeno comercio de pro...


leer máis


A XUNTA PON EN MARCHA A CAMPAÑA BONO ACTIVA COMERCIO A PARTIR DO 26 DE ABRIL

24/04/2024

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Comercio e coas Asociacións Provinciais, acaba de poñer en marcha a campaña Bono Act...


leer máis


A EDICIÓN DE VERÁN DA CAMPAÑA DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO SORTEA 12000 EUROS EN PREMIOS

01/06/2023

Comeza a Campaña Días Azuis do Comercio Galego que se desenvolverá entre o 5 e o 25 de xuño e que sorteará 12.000 euros en tarxetas regalo entre ...


leer máis


A XUNTA ABRE A INSCRICIÓN DOS COMERCIOS NA CAMPAÑA BONOS ACTIVA COMERCIO

14/04/2021

A Xunta acaba de abrir a inscrición dos establecementos comerciais á campaña Bonos Activa Comercio, unha iniciativa mediante a que se ofrecen aos c...


leer máis