A Xunta acaba de abrir a inscrición dos establecementos comerciais á campaña Bonos Activa Comercio, unha iniciativa mediante a que se ofrecen aos c...
A Xunta abre hoxe o prazo para solicitar as axudas a autónomos, que serán de entre 1.200 e 2.000 euros
foto drobotdean / freepik
As persoas traballadoras por conta propia poderán solicitar dende hoxe e ata o próximo 18 de decembro as axudas da Xunta para facer fronte á crise sanitaria da Covid-19 e contribuir ao mantemento da actividade económica e do emprego no marco da pandemia.
As axudas serán de 1.200 euros para os autónomos de calquera actividade económica, con e sen personal contratado ao seu cargo. Aqueles autónomos que pertenzan a sectores ou actividades económicas especialmente paralizadas, que se especifican no DOG, poderán obter ata 2.000 euros de subvención. Entre elas inclúense as relacionadas co ocio nocturno, aquelas que se desenvolven en atraccións de feiras, taxistas, transporte marítimo de pasaxeiros, provisión de comidas para eventos, actividades de exhibición cinematográfica, axencias de viaxes, operadores turísticos e outras empresas relacionadas co sector, artes escénicas e as súas actividades auxiliares, organización de convencións e feiras de mostras, entre outras.
Os requisitos para acceder ás axudas son estar dados de alta no RETA ou no Réxime do Mar, incluidos os societarios, e que tiveran recoñecido o cese común ou extraordinario de actividade regulado no Real Decreto Ley 30/2020 de 29 de setembro. A tramitación das axudas pode realizarse neste enlace e será mediante unha declaración responsable por parte do solicitante.
Os beneficiarios desta liña de axudas terán que comprometerse a manter a actividade económica de alta durante como mínimo dous meses dende a data de publicación da orde de axudas.
O Plan de rescate da Xunta, que conta con 80 millóns de euros de orzamento, inclúe outros dous programas que se publicarán nos próximos días. Un destinado a microempresas e autónomos con persoal a cargo, e outro orientado aos negocios de hostalería ubicados en concellos de maior incidencia epidemiolóxica que se vexan obrigados a pechar pola normativa sanitaria. As tres liñas de axudas serán compatibles entre si.
Novas relacionadas
30/11/2020
A Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo de solicitude de dous novos programas de axudas destinadas a microempresas e a hostalería que completan o P...
08/11/2020
O Concello de Betanzos abriu hoxe o prazo para que os autónomos e microempresas afectados pola Covid-19 e que teñan a súa sede social no municipio ...
09/11/2020
A Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia convocan unha nova edición da campaña "Días Azuis do comercio galego" que se desenvolverá en...