Sanidade inicia mañá un cribado en Betanzos a 8.000 persoas de entre 18 e 60 anos

Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detectar posibles casos asintomáticos. Será o Sergas quen cite ás persoas incluídas nesta franxa de idade mediante un SMS para que acudan a realizar o test.

O cribado, confirmado esta mañá pola Xerencia da área sanitaria de A Coruña, levarase a cabo durante un periodo de dez días e prevese realizar unhas 800 probas diarias. O dispositivo de control instalarase no pavillón municipal de O Carregal, en horario de 9.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.30 horas (agás o domingo).

Foi o Concello quen solicitou hai uns días este control ante a suba de casos confirmados na localidade que, a día de hoxe, é de 208. A alcaldesa, María Barral, pide “a colaboración máxima” dos veciños á hora de someterse ao test: “Cremos que é necesario que todo o mundo colabore e que asistan a facerse a proba ante a actual situación e o crecemento experimentado nos últimos días”, dixo.

Con todo, Barral advirte de que “se despracen só as persoas que reciban a convocatoria do Sergas, que vai ir avisando pouco a pouco durante os próximos días”.

A alcaldesa agradeceu a disposición dos responsables da xerencia da área sanitaria, a quen ofreceu a total colaboración para efectuar as probas. O Concello porá á súa disposición persoal para o desenvolvemento dos dispositivos de control e axudar así aos técnicos de Sanidade.


Novas relacionadas


A PLATAFORMA SOS HOSTELERÍA BETANZOS CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 24 PARA RECLAMAR UN PLAN DE RESCATE

23/02/2021

A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...


leer máis


O SERGAS DETECTA EN BETANZOS TRINTA POSITIVOS DURANTE O CRIBADO POBOACIONAL

10/02/2021

Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...


leer máis


O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA INCENTIVAR O CONSUMO LOCAL CON 6.000 EUROS EN TARXETAS REGALO

23/11/2020

O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...


leer máis


ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA OS AUTÓNOMOS E MICROPEMES DE BETANZOS AFECTADOS POLA COVID-19

06/07/2020

Os autónomos e micropemes de Betanzos afectados pola crise da Covid-19 poderán solicitar as axudas municipais ata o vindeiro 3 de agosto. O Concello...


leer máis