Croquetas de polbo, grelos e queixo tetilla

Receita cedida por Restaurante Cho

Ingredientes:

-400 g de polbo cocido

-1 manoxo de grelos (tamén pode facerse con acelgas)

-150 g queixo tetilla (ou outro que sexa moi cremoso)

-Fariña

-4 ovos

-Pan relado

-Aceite de oliva

-Sal

Elaboración:

-Despois de cocer o polbo, limpamos os grelos e cocémolos durante 3 minutos en auga con sal. Cortamos as patas do polbo en anacos, do longo que queremos facer as croquetas, tamén cortamos o queixo en tiras do longo dos anacos do polbo.

-Xuntamos un anaco de pulpo cun de queixo.

-Collemos unha folla do grelo e envolvemos con ela o polbo e o queixo.

-Despois empanámolo pasándoo primeiro por fariña, despois por ovo e por último rebozámolo en pan relado.

-Poñemos unha tixola ao lume con aceite e cando estea ben quente poñemos as croquetas e fritímolas ata que estean ben crocantes, sacamos do lume e poñemos a escurrir sobre papel absorbente. E xa as temos listas para comer.


Noticia extraída do Nº 369 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


PISTO DE VERDURAS

31/10/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...


leer máis


TARTA DE ARÁNDANOS

25/09/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...


leer máis


PESCADA EN SALSA DE PEMENTOS DE PIQUILLO

01/05/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...


leer máis


CROQUETAS VEXETARIANAS

26/03/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...


leer máis