Croquetas vexetarianas

Receita cedida por Restaurante San Andrés

Ingredientes:

Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaza cacahuete, cenoria rama, porros, remolacha, col riza, repolo)

Para a bechamel:

1 litro de leite enteira Cagiao para cada sabor

1 cebola grande

100 g de manteiga

Noz moscada

Perexil picado e sal

Elaboración:

1-As verduriñas escáldanse por separado, escúrrense e córtaselles a cocción con auga e xeo uns minutos. Escúrrense e resérvanse.

2-Preparamos a bechamel con 1 litro de leite para cada sabor. Leite enteira Cagiao. Unha cebola grande pochada nunha cullerada de aceite de oliva virxe extra. 100g de manteiga, 7, 8 ó 9 culleradas de fariña dependendo de cada verdura. Noz moscada. Perexil picado. Sal ao gusto.

3-Disólvese a fariña coa manteiga ata que adquire un ton dourado, agrégase o leite, despois a fariña pouco a pouco e móvese para que coza sen gromos, cando comeza a espesar lixeiramente agrégase a verdura e a noz moscada cun toque de perexil. Trabállase a bechamel sobre uns 30 minutos. Ao finalizar este tempo vértese sobre unha fonte de cristal e déixase enfriar ata o día seguinte.

4-Envólvense as croquetas en fariña tamizada, ovo e pan relado (pan de Betanzos) e frítense


Noticia extraída do Nº 340 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


PISTO DE VERDURAS

31/10/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...


leer máis


TARTA DE ARÁNDANOS

25/09/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...


leer máis


PESCADA EN SALSA DE PEMENTOS DE PIQUILLO

01/05/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...


leer máis


BACALLAU CON GULAS E CALABACÍN

04/02/2021

Receita cedida por Restaurante Cho Ingredientes -300 g de bacallu desalado -80 g de calabacín -30 g de gulas -1 dente de allo -2 la...


leer máis