O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...
O Concello abre o prazo para apuntarse ao sorteo de entradas para o concerto de Leo Nucci
Leo Nucci durante o concerto ofrecido en San Francisco en abril de 2016 / FOTO XOSÉ CASTRO
O Concello sorteará 225 entradas dobres para asistir ao concerto que o barítono Leo Nucci ofrecerá o 13 de febreiro ás 20.30 horas na igrexa de San Francisco co que se pecharán os actos de celebración do 800 aniversario do traslado da cidade. Esta será, ademais, a última actuación de Nucci en España, logo de anunciar a súa retirada dos escearios.
As persoas que desexen conseguir unha das entradas dobres que se sortean deberán apuntarse na Oficina de Turismo ou realizar a inscrición telemática a través da páxina web municipal: www.betanzos.gal, a partir do venres 31.
Para facilitar as inscricións, a Oficina de Turismo abrirá o venres en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. O sábado, de 10.00 a 14.00 horas e o luns e o martes de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.
O sorteo das entradas será público e realizarase o día 6 de febreiro ás 12.00 horas na Sala Azul do Edificio Arquivo Liceo. Ao igual que acontecera no concerto de Carlos Núñez, que abriu a celebración do VIII Centenario, extraerase unha letra que marcará o apelido a partir do que se outorgarán as entradas. Terán prioridade as persoas empadroadas en Betanzos.
Novas relacionadas
06/07/2020
Os autónomos e micropemes de Betanzos afectados pola crise da Covid-19 poderán solicitar as axudas municipais ata o vindeiro 3 de agosto. O Concello...
06/06/2020
O Concello de Betanzos abriu o día 3 de xuño o prazo de inscrición para solicitar o servizo de comedor escolar para o próximo curso e para os camp...
25/05/2020
Ata 700 euros poderán recibir os autónomos e pemes que tiveron que cesar a súa actividade ou que viron drasticamente reducidos os seus ingresos dur...