A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...
Rematan as obras do patio cuberto do aulario do Vales Villamarín
Imaxe do novo patio cuberto do aulario de infantil do Vales Villamarín / PRENSA CONCELLO
Os escolares do aulario de infantil do Vales Villamarín xa poden acceder ao edificio utilizando o novo patio cuberto en lugar de entrar pola zona verde que se inundou nos últimos días coa choiva. As obras do novo patio cuberto aceleráronse logo de que o Concello esixira responsabilidades á empresa polos retrasos no cumprimento dos prazos.
Unha vez habilitado o acceso pola zona cuberta, o Concello esixiu á empresa que acondicione a zona verde e que remate a colocación dos xogos infantís. Polo momento, este espazo permanecerá valado e non se permitirá o acceso ao alumnado.
O concelleiro de Educación, Andrés Hermida, subliñou que “aínda co avance das obras nas últimas horas, o goberno local pedirá responsabilidades á empresa polo retraso acumulado e polos problemas causados”.
O novo patio cuberto tiña que estar rematado a principios deste curso escolar, tal e como establecían os pregos de licitación do proxecto. Estableceuse un novo prazo de remate das obras previsto para o 26 de setembro que tampouco se cumpriu. Ante esta situación, o Concello e a dirección do colexio delimitaron as zonas de paso para garantir a seguridade dos escolares.
A obra está a ser executada con cargo a fondos municipais “ante a negativa da Xunta a facela, cando é unha actuación da súa competencia”, explicou o concelleiro de Educación, Andrés Hermida, quen subliñou que “o Concello non pode permitir máis retrasos”.
O proxecto ten un orzamento de case 161.000 euros e inclúe a ampliación da zona cuberta ata os 370 metros cadrados, máis do dobre da inicialmente construída, para que funcione como porche e como patio cuberto. Tamén se recolle no proxecto a creación dunha zona verde e dun espazo para xogos infantís.
Novas relacionadas
10/02/2021
Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...
27/01/2021
Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...
23/11/2020
O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...