A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...
O Concello abre a inscrición para os campamentos de verán e para o comedor escolar
Nenos e nenas xogando no patio exterior do Vales Villamarín / ARQUIVO
O Concello de Betanzos abriu o día 3 de xuño o prazo de inscrición para solicitar o servizo de comedor escolar para o próximo curso e para os campamentos urbáns de verán. Ante as circunstancias xeradas pola crise sanitaria, as solicitudes para ambos os dous servizos deberán realizarse "obrigatoriamente" a través da sede electrónica do Concello.
Só cando exista unha causa "debidamente xustificada que impida a presentación telemática, deberá solicitarse unha cita telefónica co Departamento de Servizos Sociais para valorar outras posibilidades", explicaron fontes municipais.
"Betanzos concilia"
O campamento urbán "Betanzos concilia" desenvolverase nas instalacións do CEIP Francisco Vales Villamarían sempre e cando se dean as circunstancias favorables para a súa organización e se conte coa correspondente autorización da Xunta de Galicia. De non ser así, realizarase noutras dependencias de titularidade municipal.
Está destinado a nenos e nenas de entre tres e doce anos de idade e desenvolverase en tres quendas entre o 1 de xullo e o 14 de agosto. En todo caso, a organización estará a expensas das directrices que marque a Xunta de Galicia no que respecta, entre outros detalles, ao número de nenos e nenas que poden asistir en cada grupo.
A solicitude pode descargarse na páxina web municipal: www.betanzos.es seguindo a ruta: Transparencia/Administración/ Solicitudes e Trámites/ Servizos Sociais. A tramitación da solicitude e a aportación de documentación pode realizarse a través da sede electrónica do Concello: https://sede.betanzos.gal ou no rexistro electrónico común https://sede.administracion.gob.es.
Comedor escolar
O prazo de inscrición para facer uso do comedor escolar no vindeiro curso estará aberto ata o día 3 de xullo.
Na sede electrónica do concello https://sede.betanzos.gal atópanse os modelos de solicitude onde se indica cal é a documentación que cómpre aportar e se explican as condicións do servizo.
Existe tamén a disposición dos usuarios un documento anexo para as persoas que desexen solicitar unha bonificación por renda.
A documentación debe presentarse de xeito telemático con data límite o 3 de xullo a través da sede electrónica https://sede.betanzos.gal ou do rexistro electrónico único https://sede.administracion.gob.es.
Novas relacionadas
10/02/2021
Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...
27/01/2021
Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...
23/11/2020
O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...