A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...
O Concello apoia a actividade de ACEBE CCA cun novo convenio de colaboración
A alcaldesa, María Barral, e a presidenta de ACEBE CCA, Antonia Anido
O Concello de Betanzos e ACEBE CCA acaban de asinar un novo convenio de colaboración para contribuir ao apoio da promoción das actividades da asociación. A alcaldesa, María Barral, e a presidenta de ACEBE CCA, Antonia Anido, asinaron este acordo mediante o que a Asociación de empresarios recibirá 14.000 euros para o financiamento das súas accións promocionais.
María Barral subliñou a importancia que ten o comercio na economía local e a necesidade de “manter unha colaboración estreita entre a administración e os comerciantes, con accións e programas transversais”, dixo.
A presidenta de ACEBE CCA, Antonia Anido, agradeceu o apoio económico do Concello para o desenvolvemento das diferentes iniciativas de promoción comercial que a entidade organiza ao longo do ano. Entre estas, cómpre destacar as campañas de Nadal e de verán, con sorteos entre os clientes dos comercios asociados, a instalación dun parque infantil de xogos durante o Nadal ou a celebración de eventos como MercaBetanzos e Betanchef.
O convenio súmase aos xa asinados polo goberno local con entidades sociais, culturais e deportivas para o desenvolvemento e para o apoio das súas actividades.
Novas relacionadas
10/02/2021
Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...
27/01/2021
Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...
23/11/2020
O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...