O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...
O Concello estuda medidas de apoio ao comercio e á hostalería
FOTO ARUME
O Concello de Betanzos anunciou a adopción dunha serie de medidas para axudar a paliar os efectos da crise do Covid-19 no comercio local, nas pemes e na hostalería, sectores que pararon a súa actividade dende o 15 de marzo tralo decreto de estado de alarma. Estas propostas sumaranse a outras iniciativas de carácter social que o Concello xa puxo en marcha e outras que están en estudio e que estarán dirixidas a diversos colectivos.
A alcaldesa, María Barral, subliñou que “á marxe das axudas directas que se poderán establecer, revisaranse as ordeanzas e taxas municipais, especialmente as que poden afectar máis directamente aos comerciantes e hostaleiros”, dixo.
Así, non se cobrarán as taxas correspondentes ás terrazas de hostalería e revisaranse os recibos de auga e de recollida de lixo para evitar o seu cobro durante o periodo de estado de alarma.
Ademais, anunciou que non se cobrarán as taxas dos ambulantes que acuden ás feiras dos días 1 e 16, suspendidas dende a entrada en vigor do estado de alarma.
Estas medidas súmanse ás xa anunciadas de compensar aos usuarios as taxas da escola infantil, do conservatorio municipal, das instalacións deportivas, o comedor escolar ou o servizo de madrugadores durante o periodo de confinamento.
Nas propostas que o Concello estudia, traballan os departamentos de secretaría e intervención, para que “cando anunciemos as medidas, dirixidas a varios colectivos e consensuadas cos grupos políticos, farémolo coa seguridade de que as axudas as imos poder facilitar desde a administración local”, explicou a alcaldesa.
Barral, subliñou que o Concello non debe “crear falsas expectativas” e salientou que “nesta situación xerada pola crise sanitaria, existen interrogantes en canto aos criterios e formas á hora de poder establecer axudas dentro do marco legal”, matizou. A intención do goberno local é reorganizar os orzamentos para poder reforzar as partidas sociais: “a nosa máxima preocupación nestes momentos é buscar fórmulas para axudar a quen máis o precisa”, dixo a alcaldesa.
Novas relacionadas
06/07/2020
Os autónomos e micropemes de Betanzos afectados pola crise da Covid-19 poderán solicitar as axudas municipais ata o vindeiro 3 de agosto. O Concello...
06/06/2020
O Concello de Betanzos abriu o día 3 de xuño o prazo de inscrición para solicitar o servizo de comedor escolar para o próximo curso e para os camp...
25/05/2020
Ata 700 euros poderán recibir os autónomos e pemes que tiveron que cesar a súa actividade ou que viron drasticamente reducidos os seus ingresos dur...