O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...
O Concello inicia un plan de mobilidade peonil que recomenda o uso das beirarrúas nun só sentido de circulación
O Concello iniciou o pintado dos sinais nas beirarrúas que recomendan a circulación dos peóns nun só sentido
Camiñar polas beirarrúas nun só sentido de circulación para reducir o contacto entre persoas é a recomendación que lanza o Concello nestes primeiros días de desescalada en que aumenta o número de veciños e veciñas nas rúas logo da apertura da maior parte dos negocios.
O Concello iniciou o pintado de sinalización horizontal nas principais beirarrúas da cidade nas que se indica o sentido recomendado de circulación peonil con frechas verdes que lembran tamén a distancia mínima que deben manter as persoas entre si. Nas rúas de doble sentido, os peóns camiñarán pola dereita en sentido avance. Nas rúas dun só sentido, pola beirarrúa da dereita dende a perspectiva dos vehículos para avanzar no mesmo sentido que os coches, e a da esquerda en sentido contrario.
Esta recomendación, que se prolongará durante as vindeiras semanas, forma parte dun plan de mobilidade peonil vencellado ao coronavirus que o Concello puxo en marcha para evitar os encontros con persoas de frente: “nunha cidade como a nosa, na que non hai grandes avenidas ou beirarrúas anchas, é difícil evitar un encontro coa persoa que ven de cara por iso establecemos esta recomendación, para reducir a exposición e o risco de contaxio”, explicou a alcaldesa, María Barral, quen adiantou que este mesmo plan se trasladará proximamente ás prazas e a outros lugares máis abertos.
Novas relacionadas
06/07/2020
Os autónomos e micropemes de Betanzos afectados pola crise da Covid-19 poderán solicitar as axudas municipais ata o vindeiro 3 de agosto. O Concello...
06/06/2020
O Concello de Betanzos abriu o día 3 de xuño o prazo de inscrición para solicitar o servizo de comedor escolar para o próximo curso e para os camp...
25/05/2020
Ata 700 euros poderán recibir os autónomos e pemes que tiveron que cesar a súa actividade ou que viron drasticamente reducidos os seus ingresos dur...