ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
O Concello organiza un mercado de oportunidades os días 4 e 5 de outubro no que participan 17 negocios

O Concello de Betanzos organiza un mercado de oportunidades do comercio local na Praza Irmáns García Naveira durante a fin de semana do 4 e 5 de outubro.
A feira, na que participarán 17 negocios de Betanzos de diferentes sectores, desenvolverase nunha carpa ubicada na Praza Irmáns García Naveira. Ademais dos postos nos que os comerciantes locais ofrecerán produtos con grandes descontos, o evento completarase coa instalación dunha zona de ocio infantil e coa programación de música en directo.
O horario do mercado será ininterrompido para facilitar as compras dos clientes. O sábado día 4 abrirá de 11.00 a 21.00 horas e o domingo día 5 estará aberto de 11.00 a 20.00 horas.
Nesta ocasión participarán un total de 17 comercios de Betanzos, que abranguen sectores tan amplos como alimentación, moda infantil e de adulto, complementos, perruquería e estética, parafarmacia, óptica e herboristería, libraría, lencería e baño. Os negocios que participan son: Aceitunas la Pastora, Beatriz 13, Selgas Óptica- Parafarmacia- Herboristeria, Biblos, Bicos, Chocolat, Miraquelinda, Confecciones Chela, Dans, Distrito Palmeras, El Cantón Ropa Interior, ISI moda y complementos, Lenceria Alicia, Studio Zoila Cortizas Vazquez, Traviesa, Tartaruga e Xomakids.
A feira de oportunidades enmárcase dentro do programa de promoción e apoio ao comercio local que desenvolve o Concello de Betanzos, organizador do evento, e conta coa colaboración das asociacións de comerciantes ACEBE CCA e ChesCasco, e da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

