O Concello outorgará axudas directas de ata 700 euros aos autónomos e pemes afectados pola Covid-19

Imaxe da avenida García Naveira que concentra un bo número de negocios / ARUME

Ata 700 euros poderán recibir os autónomos e pemes que tiveron que cesar a súa actividade ou que viron drasticamente reducidos os seus ingresos durante o estado de alarma provocado pola Covid-19. O Concello ten reservada para esta liña de axudas unha partida de 150.000 euros procedentes de modificacións orzamentarias. A cantidade poderá incrementarse no caso de que se esgote todo o crédito destinado e queden solicitudes sen atender.

As axudas están destinadas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, e a microempresas que teñan o domicilio fiscal da actividade e o centro de traballo afectado en Betanzos, e que a súa actividade se vise afectada por peche durante o estado de alarma ou que sufrise unha reducción da súa facturación durante o mes seguinte á declaración do estado de alarma de, como mínimo, o 50% con respecto á media do semestre natural anterior ao estado de alarma.

Contía das axudas

A contía que percibirá cada autónomo ou peme será dun máximo de 500 euros para quen tivese que pechar os seus establecementos durante a crise sanitaria e de 300 euros no caso de que sufriran unha reducción da súa facturación. Estas cantidades incrementaranse nun máximo de 100 euros no caso de ter ata catro traballadores, inclusive, ademais do solicitante, en un máximo de 200 euros no caso de ter ata 9 traballadores, inclusive, ademais do solicitante, con data de 1 de marzo de 2020. Esta axuda municipal será compatible coas que poidan recibir doutras administración públicas.

Esta liña de axudas é froito de conversas entre o goberno local, as asociacións de comerciantes de Betanzos (ACEBE CCA e ChesCasco), e os grupos políticos da oposición (PP e BNG).  As bases da convocatoria publicaranse logo da súa aprobación no Pleno. Trátase dunha convocatoria pública en réxime de concesión directa, tal e como explicou a alcaldesa, María Barral, coa intención de colaborar cos autónomos e microempresas “na súa loita contra o inevitable dano causado pola pandemia e axudarlles, na medida do posible, a que poidan seguir desenvolvendo a súa actividade, evitando o peche dos seus negocios e a consecuente destrucción de empregos”, dixo.


Novas relacionadas


A PLATAFORMA SOS HOSTELERÍA BETANZOS CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 24 PARA RECLAMAR UN PLAN DE RESCATE

23/02/2021

A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...


leer máis


O SERGAS DETECTA EN BETANZOS TRINTA POSITIVOS DURANTE O CRIBADO POBOACIONAL

10/02/2021

Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...


leer máis


SANIDADE INICIA MAÑÁ UN CRIBADO EN BETANZOS A 8.000 PERSOAS DE ENTRE 18 E 60 ANOS

27/01/2021

Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...


leer máis


O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA INCENTIVAR O CONSUMO LOCAL CON 6.000 EUROS EN TARXETAS REGALO

23/11/2020

O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...


leer máis