Comeza en Betanzos un novo programa universitario para maiores de 50 anos

A alcaldesa, María Barral, e responsables da Universidade da Coruña e da Uned Senior durante a presentación do programa

Comeza en Betanzos unha nova edición do programa universitario para maiores de 50 anos que o Concello organiza en colaboración coa Universidade da Coruña. Trátase dun programa formativo específico para este sector de poboación que se vai desenvolver nos meses de outubro e novembro.

A actividade inclúe tres seminarios impartidos por profesorado da Universidade da Coruña con sesións teóricas e prácticas ou saídas de campo.

O programa comezará os días 16, 17 e 23 de outubro cun seminario titulado “Sustentabilidade social e económica” que se completará con actividades sobre economía circular, socioloxía e paisaxe cultural.

Os días 30 e 31 de outubro e 6 de novembro impartirase o seminario “Sustentabilidade ambiental”, no que se falará sobre educación para a sustentabilidade, novos materiais sostibles e sustentabilidade ambiental.

Os días 13, 14 e 20 de novembro impartirase o seminario “Saúde e benestar”, con actividades sobre educación para a alimentación e nutrición, actividade física e ergonómica e ferramentas para o control do estrés.

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, agradeceu “o traballo e interese posto pola Universidade da Coruña para facer realidade este proxecto”, dixo, e extendeu o seu agradecemento á vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Educativa e á directora da Universidad Sénior.


Novas relacionadas


A PLATAFORMA SOS HOSTELERÍA BETANZOS CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 24 PARA RECLAMAR UN PLAN DE RESCATE

23/02/2021

A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...


leer máis


O SERGAS DETECTA EN BETANZOS TRINTA POSITIVOS DURANTE O CRIBADO POBOACIONAL

10/02/2021

Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...


leer máis


SANIDADE INICIA MAÑÁ UN CRIBADO EN BETANZOS A 8.000 PERSOAS DE ENTRE 18 E 60 ANOS

27/01/2021

Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...


leer máis


O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA INCENTIVAR O CONSUMO LOCAL CON 6.000 EUROS EN TARXETAS REGALO

23/11/2020

O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...


leer máis