O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...
Comeza o ciclo adicado a Oliver Laxe coa proxección de “Mimosas” no Alfonsetti
O director galego Oliver Laxe será o protagonista dun ciclo que organiza o Cine Clube Lar de Unta en colaboración co Concello de Betanzos durante a última semana do mes de xaneiro. Trátase dun ciclo único, o primeiro que se adica en Galicia a Oliver Laxe, no que se repasará a súa traxectoria coa participación de especialistas na súa obra. Proxectaranse as tres películas súas que foron premiadas en Cannes e dúas curtametraxes.
O ciclo comeza o venres 24 de xaneiro coa proxección no cine Alfonsetti de "Mimosas" á que asistirá Felipe Laxe, productor do filme e irmán do director ao que se adica o monográfico.
O día 28 na sede de Lar de Unta proxectarase "París#1", unha película da primeira etapa de Laxe, e "Salvaxe leva o seu tempo", unha máis recente rodada no Chanfaina Lab de San Sadurniño. Nesta ocasión contarase coa presenza de Manolo González, un dos promotores do Novo Cinema Galego.
O día 30 de xaneiro, tamén no local social de Lar de Unta, proxectarase "Todos vós sodes capitáns". A presentación será por conta de Brais Romero, da revista galega de cinema “A Cuarta Parede”.
O ciclo pecharase o día 31 co pase da película "O que arde", no cine Alfonsetti, ao que acudirá un dos seus protagonistas, Amador Arias.
A entrada a todas as proxeccións será gratuíta ata completar o aforo das instalacións. As proxeccións comezarán ás 20.00 horas e tras cada unha das sesións haberá un coloquio coas persoas asistentes.
Novas relacionadas
06/07/2020
Os autónomos e micropemes de Betanzos afectados pola crise da Covid-19 poderán solicitar as axudas municipais ata o vindeiro 3 de agosto. O Concello...
06/06/2020
O Concello de Betanzos abriu o día 3 de xuño o prazo de inscrición para solicitar o servizo de comedor escolar para o próximo curso e para os camp...
25/05/2020
Ata 700 euros poderán recibir os autónomos e pemes que tiveron que cesar a súa actividade ou que viron drasticamente reducidos os seus ingresos dur...