O Club Btt Caimanes Betanzos logra a súa primeira medalla nun campionato de España

María Filgueiras, segunda pola esquerda, coa medalla do campionato de España

O Club Btt Caimanes Betanzos conseguiu en Valencia a súa primeira medalla nuns campionatos de España na modalidade escolar para categorías infantil e cadete. Polo clube betanceiro participaron representando a Galicia María Filgueiras e Lara Fuentes en infantil estrada e Fabián Rodríguez en cadete montaña.

A primeira das probas foi a de categoría infantil cunha carreira en liña, con tres voltas ao circuito seguida pola tarde dunha xincana na que, tras salvar diferentes obstáculos, tiñan que facer unha contrarreloxo de aproximadamente un quilómetro.

Tras un apretado sprint ao remate da carreira, María Filgueira obtivo un meritorio cuarto posto.

Lara tivo unha caída a falta de poucos metros para a meta e non puido disputar o sprint quedando finalmente no posto 49. Foi pola tarde, na xincana, cando María logrou o subcampionato de España nesta modalidade despois de realizar a proba sen erros e unha gran contrarreloxo. Lara quedou no posto 50.

No campionato escolar de Btt en modalidade de montaña, que se disputou en Riba Roja del Turia, Fabián sufriu bastante debido ao intenso calor e obtivo finalmente o 16º posto.

Con estes resultados, o clube otén a primeira medalla da súa curta historia nun campionato de España escolar "e demostra que a filosofía da escola, practicar deporte ao mesmo tempo que os nenos e nenas se divirten, tamén pode dar bos resultados deportivos a nivel nacional", explicaron os directivos da entidade.


Noticia extraída do Nº 321 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


CARLOS ARÉVALO, SUBCAMPEÓN DEL MUNDO EN K4 500: "EL AÑO QUE VIENE HAY QUE DARLO TODO AL CIEN POR CIEN PARA PODER IR A TOKIO"

10/09/2019

El K4 logró plaza para los Juegos Olímpicos pero sus integrantes deberán pasar un selectivo para poder acudir a las olimpiadas en 2020. Isabel S...


leer máis