A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...
O Concurso "Detalles de Oitocentos Anos" entra na súa recta final
O concurso "Detalles de Oitocentos Anos", organizado polo IES Francisco Aguiar en colaboración co Concello de Betanzos e ACEBE CCA entra na recta final. O certame ten como finalidade identificar e localizar dentro do casco histórico de Betanzos os distintos detalles arquitectónicos dunha trintena de imaxes que se foron publicando entre os meses de decembro e maio e respostar a seis preguntas relacionadas coas imaxes.
As fotografías e as preguntas que hai que respostar están expostas no primeiro andar do Edificio Arquivo Liceo. Tamén poden consultarse na páxina web do Instituto Francisco Aguiar ou nos periódicos "Betanzos e a súa comarca" de entre decembro e maio (na hemeroteca de ACEBE CCA: www.comerciodebetanzos.com ou en issuu.com, onde poden consultar os periódicos dos meses correspondentes).
Os concursantes deben dispoñer dos dípticos que se repartiron ao inicio do concurso nos que deben incluir os datos de identificación das diferentes imaxes e as respostas ás seis preguntas.
Os dípticos cubertos deberán depositarse entre os días 20 e 24 de maio nas urnas que se colocarán no vestíbulo do IES Francisco Aguiar e no Edificio Liceo. O prazo de entrega rematará ás 14.00 horas do venres 24 de maio.
Poderán participar concursantes en dúas categorías: escolares matriculados nos centros de ensino de Betanzos e público en xeral.
Os participantes na categoría escolar optarán a gañar unha tablet e o público en xeral poderá gañar un acebecheque por valor de 100 euros para gastar nos comercios e empresas asociadas a ACEBE CCA.
Para gañar o concurso cómpre acertar a localización das trinta fotografías e respostar correctamente ás seis preguntas formuladas. En caso de empate realizarase un sorteo entre os acertantes.
No caso de que non haxa ningún acertante da totalidade dos datos requeridos, gañará quen teña máis acertos e, en caso de empate, realizarase tamén un sorteo entre os acertantes.
As bases completas do concurso están incluidas nos dípticos e poden consultarse na páxina web do IES Francisco Aguiar.
Novas relacionadas
10/02/2021
Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...
27/01/2021
Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...
23/11/2020
O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...