O Santo Domingo terá por primeira vez sección masculina e feminina en todas as categorías

O equipo infantil masculino xogará na máxima categoría autonómica

O Clube Baloncesto Santo Domingo Betanzos terá esta tempada, por primeira vez na súa historia, sección masculina e feminina en todas as categorías, desde infantil ata senior. Froito do crecemento constante do clube, nalgunhas categorías mesmo terán máis dun equipo, como é o caso do infantil masculino.

O primeiro equipo, que xa iniciou a campaña coa disputa da Copa Galicia EBA, estará dirixido por segunda tempada consecutiva por Iván Villaverde e Xoel Folgueiras.

O principal desafío será sobreporse á baixa de Abdou Thiam, que segue a súa carreira en LEB Oro con Basket Coruña, e de Thomas Cooper. Para iso o clube conta coa continuidade do resto da plantilla da tempada anterior. Ademais, incorpórase ao grupo Jorge Abelleira, base procedente do Narón, e Luke Gibson, que regresa ao clube tras varios anos fóra por estudios. Por último, François Affia, pivote de orixe camerunés cubrirá o oco deixado por Abdou.

#videpaonoso

A finais de agosto arrincaba a campaña de aboados desta tempada nas redes sociais co lema #videpaonoso. O clube agarda poder incrementar o número de carnés este ano para o que fai un chamamento á masa social do clube.

Os aboados poderán renovar os seus carnés a través de transferencia ou ingreso bancario e os novos membros da familia "santiña", deberán cubrir un impreso que poden descargar a través da web: www.santodomingobetanzos.com e facelo chegar ao clube seguindo as indicacións da páxina.

Categorías base

As categorías inferiores empezaron tamén as súas competicións disputando as fases previas das ligas de Primeira División galegas.

O infantil masculino xa certificou o seu ascenso e xogará este ano na máxima categoría autonómica que dá dereito a desputar o campionato de España ao remate da tempada.


Noticia extraída do Nº 323 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


CARLOS ARÉVALO, SUBCAMPEÓN DEL MUNDO EN K4 500: "EL AÑO QUE VIENE HAY QUE DARLO TODO AL CIEN POR CIEN PARA PODER IR A TOKIO"

10/09/2019

El K4 logró plaza para los Juegos Olímpicos pero sus integrantes deberán pasar un selectivo para poder acudir a las olimpiadas en 2020. Isabel S...


leer máis