O Sergas detecta en Betanzos trinta positivos durante o cribado poboacional

As probas realizáronse no Polideportivo Municipal / FOTO ARUME

Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que foron convocadas 7612 persoas de entre 18 e 60 anos.

Á mostra acudiron un 62,6% dos citados, en total 4765 persoas, das que apareceron trinta casos positivos en Covid-19. Isto supón un 0,63% do total de persoas que se someteron á PCR, segundo os datos oficiais facilitados polo Servizo Galego de Saúde.

O cribado fora solicitado polo Concello de Betanzos ante o elevado número de casos diagnosticados no municipio na primeira quincena de xaneiro, cando se chegou a superar a cifra de 225 positivos. A día de hoxe, o número de casos activos é de 167, o que supón un descenso paulatino da incidencia en Betanzos.


Novas relacionadas


A PLATAFORMA SOS HOSTELERÍA BETANZOS CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 24 PARA RECLAMAR UN PLAN DE RESCATE

23/02/2021

A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...


leer máis


SANIDADE INICIA MAÑÁ UN CRIBADO EN BETANZOS A 8.000 PERSOAS DE ENTRE 18 E 60 ANOS

27/01/2021

Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...


leer máis


O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA INCENTIVAR O CONSUMO LOCAL CON 6.000 EUROS EN TARXETAS REGALO

23/11/2020

O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...


leer máis


ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA OS AUTÓNOMOS E MICROPEMES DE BETANZOS AFECTADOS POLA COVID-19

06/07/2020

Os autónomos e micropemes de Betanzos afectados pola crise da Covid-19 poderán solicitar as axudas municipais ata o vindeiro 3 de agosto. O Concello...


leer máis