A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA, foi unha das galardoadas coa distinción Garelo que...
Emotivo reencontro no 25 aniversario da Banda Municipal de Música de Betanzos
Imaxe de grupo das persoas participantes no concerto de aniversario da Banda / FOTO ARUME
O tradicional Concerto Extraordinario de Nadal da Banda Municipal de Música de Betanzos converteuse nesta ocasión nunha festa conmemorativa do 25 aniversario da súa fundación.
Sobre o esceario, os músicos que actualmente compoñen a agrupación baixo a dirección de Juan Ferrer que tocaron pezas clásicas, cancións típicas de Nadal e mesmo bandas sonoras de películas nunha espectacular actuación celebrada o pasado 30 de decembro na Igrexa de San Francisco que quedou pequena para acoller ó numeroso público asistente. Xunto a eles, o coro do conservatorio e moitos dos músicos que nalgún momento formaron parte da banda ó longo deste cuarto de século de andaina.
Foi un emotivo reencontro no que houbo momentos para o recordo daqueles integrantes hoxe desaparecidos e no que se recoñeceu o esforzo e adicación dos músicos e directores.
O Alcalde, Ramón García, destacou a traxectoria da Banda dende "aquel proxecto que nacía en 1990 e que foi medrando grazas ó traballo e sacrificio dos directores e músicos ata o día de hoxe, coa calidade que atesoura en cada unha das actuacións", dixo, e incidiu nos "25 anos de constante crecemento, de alegrías, de satisfaccións, mais tamén de traballo, de sacrificios, de adicación e compromiso, de quitarlle tempo aos amigos, a outras afeccións...", comentou.
García entregou placas conmemorativas a cada un dos directores que tivo a banda, ós seus integrantes, á Asociación Amigos da Banda, á comunidade Nais Franciscanas e ao ex-concelleiro de Cultura, Francisco Díaz Pereira e salientou que "é un motivo de orgullo para todos os betanceiros e betanceiras esta agrupación que recibe recoñecementos alí onde está".
Ante a previsión do numeroso público asistente, ampliouse o aforo da igrexa cunha plataforma no fondo rodeando o Sepulcro de Fernán Pérez de Andrade.
A celebración rematou cunha festa no Edificio do Antigo Matadoiro no que se reuniron diferentes xeracións de músicos que formaron parte desta prestixiosa formación que, tal e como dixo García: "de-sexamos que a Banda siga medrando, que os betanceiros sigamos tendo o privilexio de escoitar e sentir a súa música e que siga a ser embaixadora de Betanzos como o foi durante estes 25 anos".
Novas relacionadas
08/09/2009
A empresa participada por Banesto, como propietaria das vivendas unifamiliares inacabadas do Pasatempo, ven de solicitar ante o Concello a licencia ...
08/09/2009
O Concello retira a ponte de madeira que será sustituida por outra de deseño similar A ponte de madeira do malecón pasou á historia. O seu dete...
05/11/2009
O Concello ten que reordenar os estacionamentos no entorno do acuartelamento para cumprir os requisitos de seguridade que regula o Ministerio de...