ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
Comezan os obradoiros da Campaña de Nadal de ACEBE CCA

Os obradoiros que ACEBE CCA organiza como parte da súa campaña “Betanzos ilumina o teu Nadal”comezaron esta mañá e desenvolveranse ata o vindeiro 4 de xaneiro. As actividades estarán impartidas por Compás Proxectos, contan con límite de prazas (15 por taller) e seguen os protocolos sanitarios de prevención da Covid-19. Para poder acceder aos talleres é preciso dispoñer dunha invitación que os clientes poderán obter nos establecementos asociados a ACEBE CCA. Para inscribirse cómpre escanear o código QR da invitación mediante o que terán acceso ao formulario de inscrición e onde poderán elixir entre as diferentes opcións segundo o día e o horario.
Obradoiros ACEBEpeques
Están destinados a maiores de 6 anos, os menores de 6 anos terán que estar en todo momento acompañadas das súas nais/pais ou persoa responsable maior de idade.
A miña árbore de Nadal. 22 de decembro de 2021. Horario: 12:00 a 13:00h e de 17.00 a 19.00h
Adornos de Nadal. 23 de decembro de 2021. Horario 12:00 a 13:00h e de 17.00 a 19.00h
Coroa de Nadal. 24 de decembro de 2021. Horario 12:00 a 13:00h
Guirnaldas de Nadal. 26 de decembro de 2021. Horario de 12:00 a 13:00h e de 17:00 a 19:00h
Móbil de Nadal. 27 de decembro de 2021. Horario de 12:00 a 13:00h e de 17:00 a 19:00h
Tarxeta Pop-Up. 28 de decembro de 2021. Horario de 12:00 a 13:00h e de 17:00 a 19:00h
Pinta Betanzos. 29 de decembro de 2021. Horario de 12:00 a 13:00h e de 17:00 a 19:00h
Séntete Artista. 30 de decembro de 2021. Horario de 12:00 a 13:00h e de 17:00 a 19:00h
Gafas Sorprende ao Fin de Ano. 31 de decembro de 2021 Horario de 12:00 a 13:00h
Unha vila de Nadal. 2 de xaneiro. Horario de 12:00 a 13:00h e de 17:00 a 19:00h
Origami. 3 de xaneiro. Horario de 12:00 a 13:00h e de 17:00 a 19:00h
Brilla coma unha Estrela. 4 de xaneiro. Horario de 12:00 a 13:00h e de 17:00 a 19:00h
Obradoiros ACEBE CCA para persoas adultas
Destinados a persoas maiores de 18 anos, contan cun límite de 15 prazas por persoa.
Centro de mesa de Nadal. 23 de decembro de 19:00 a 21:00h
Ao calor das candeas. 29 de decembro de 19:00 a 21:00h
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

