Ensalada de tomate

Receita cedida por Ternera Grill

Ingredientes:

Para 4 persoas:

- 700 gramos de tomates.

- 4 ovos.

- 2 cebolas medianas.

- 3 latas de atún.

- Olivas verdes.

- Media culleradiña de azucre.

- Aceite de oliva virxe extra.

- Sal.

Elaboración:

Grao de dificultade: 0

Tempo de preparación: 20 minutos

-Pasamos os tomates por auga fervendo para quitarlles a pel, cortámolos en pedazos e reservamos nun bol.

-Agregamos os ovos previamente cocidos e cortados, a cebola cotámola en xuliana e agregamos ao bol xunto coas olivas e as latas de atún escurridas.

-Cando xa teñamos todos os ingredientes picados, agregámoslle o sal, a culleradiña de azucre e suficiente aceite de oliva, remexemos e refrixerámolo polo menos 2 horas antes de consumilo.

Esta rica ensalada podes servila como primeiro plato ou simplemente de aperitivo.


Noticia extraída do Nº 357 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


PISTO DE VERDURAS

31/10/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...


leer máis


TARTA DE ARÁNDANOS

25/09/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...


leer máis


PESCADA EN SALSA DE PEMENTOS DE PIQUILLO

01/05/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...


leer máis


CROQUETAS VEXETARIANAS

26/03/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...


leer máis