Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...
Entrecot en prebe de champiñóns
Receita cedida por Ternera Grill
Ingredientes (para dúas persoas)
-2 entrecot
-100 gr de champiñóns
-100 gr de manteiga
-200 ml de nata para cociñar
-100 ml de viño branco
-Aceite de oliva
-Sal e pementa negra
Elaboración:
Tempo de preparación: 20 minutos
Grao de dificultade: 0
O prebe:
-Colocamos nunha tixola a manteiga, cando se derreta agregamos os champiñóns cunha pizca de sal e o allo.
-Cociñamos durante 5 minutos a lume medio-baixo, sen deixar de mover. Pasado ese tempo agregamos o viño. Cando reduza o alcol engadímoslle a nata, cociñamos un minuto máis, apagamos e reservamos.
Os entrecots
-Noutra tixola colocamos un chorro de aceite de oliva a lume alto. Agregamos os entrecots previamente salpementados e deixámolos 2 minutos por cada lado. Apagamos e levámolos á tixola co prebe. Cociñamos uns 2 minutos e apagamos.
Podemos servir cun puré de patacas, con patacas fritidas ou arroz, co que che apeteza.
Novas relacionadas
25/09/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...
01/05/2021
Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...
26/03/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...