ACEBE

ACEBE CCA Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto

Estatutos ACEBE

Art. 1.- En conformidade a ao amparo do establecido na Constitución, a lei19/77 de 1 de abril e demais normativas recoñecedoras do dereito de liberdade de Asociación, constitúese a ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS/AS DE BETANZOS CENTRO COMERCIAL ABERTO (A.CE.B.E. C.C.A.).

Esta asociación carece de ánimo de lucro a todos os efectos.

Art. 2.- O ámbito desta Asociación profesional será o do concello de Betanzos, e nela poderán integrarse as empresas adicadas ao Comercio, nas súas distintas modalidades, sempre e cando así o soliciten, en conformidade co disposto nos presentes Estatutos, e obteñan o voto favorable da Asemblea Xeral, previo informe da Xunta Directiva.

Art. 3.- Esta Asociación constitúese por tempo indefinido, podendo tan só suspenderse ou disolverse polas causas e coas formalidades sinaladas nestes Estatutos ou polo Ordenamento Xurídico Xeral.

Art. 4.- A Asociación terá personalidade xurídica propia e total autonomía, con plena capacidade de obrar para o cumplimento dos seus fins, podendo poseer, adquirir, arrendar, gravar e enaxenar por sí, e no seu nome polos seus lexítimos representantes, toda clase de bens, realizar actos de disposición e dominio sobre os mesmos, comparecer ante calquera Entidade, Organismo ou Xurisdicción e exercitar as correspondentes accións ou dereitos en toda clase de procedementos dende o momento da súa validez e posta en marcha, conforme á legalidade vixente.

Art. 5.- A.CE.B.E. C.C.A., fixa o seu enderezo en Betanzos, Praza Mestre Xosé Dapena nº1, sen perxuizo de que a Xunta Directiva, previo consentimento da Asemblea Xeral, poda acordar en calquera momento o cambio a outro lugar, así como establecer as delegacións e representacións que considere máis convintes para o cumplimento dos seus fins. Os cambios de enderezo notificaranse ao SMAC..

Art. 6.- Son fins desta Asociación:

A defensa dos intereses comúns dos comerciantes e empresarios e todo o relacionado con eles e, en especial, os seguintes:

O fomento da colaboración dos distintos empresarios e comerciantes que a integran, en beneficio dos diversos sectores da súa actividade.

Promover as mellores condicións para o fomento da iniciativa privada no ámbito territorial da asociación, facilitando, dentro das súas posibilidades a creación de novas empresas e comercios e a subsistencia e potenciamento das xa existentes.

Constituirse en interlocutora e mediadora entre os diversos sectores da actividade empresarial e do comercio, e as autoridades públicas e privadas, en defensa dos intereses dos seus asociados e da mellora dos servizos sociais.

Velar polo desenvolvemento das condicións ideais para a actividade comercial e empresarial e o mellor servizo aos cidadáns e clientes dos asociados.

Contribuir á mellora da imaxe pública dos diversos sectores nos que se desenvolve a actividade dos asociados, fomentando unha mellor información e atención ao público en xeral.

Xestionar ante as autoridades públicas, colaborando coas mesmas, en cantas cuestións afecten á mellora da calidade de vida no término de Betanzos e a o seu fomento como zona turística, comercial e industrial.

Para a consecución destes fins, desenvolveranse as seguintes actividades:

O exercicio ante os tribunais ordinarios de xustiza ou calquer outro organismo público ou privado, das accións tendentes a salvaguardar o interese comercial e empresarial.

A administración e disposición dos propios recursos, orzamentarios ou patrimoniais, e a súa aplicación aos fins e actividades propias da Asociación.

A colaboración coa Corporación municipal, Delegación autonómica de comercio e cos demais organismos e institucións competentes con vistas ao mellor funcionamento e desenvolvemento do comercio da localidade.

A prestación de servizos de asesoramiento, formación e información, a cargo de profesionais, para os empresarios asociados.

A recepción e estudio de propostas e problemas que presenten os empresarios asociados e realizar as xestións para a súa solución.

A interlocución e mediación entre os empresarios asociados e entre estes e a administración pública.

Art. 7.- Para o desesnvolvemento dos seus fins, a asociación poderá federarse, vincularse, pactar con outras entidades territoriais ou nacionais e, especialmente, coas do mesmo ámbito profesional, requeríndose ao efecto, o acordo favorable da Asemblea Xeral, pola maioría de dous tercios.

Art. 8.- Serán socios, coa plenitude de dereitos recoñecidos nos presentes Estatutos, todas aquelas Entidades dedicadas ao Comercio, que comprendidas nos ámbitos territorial e profesional aquí sinalados, adscribanse voluntariamente e sexan aceptados pola Asemblea Xeral, previo informe da Xunta Directiva. A Asociación terá un libro de altas e baixas dos asociados posto ao día.

Art. 9.- Non poderán adquirir a condición de socios as Empresas comerciais que, a pesares de ubicarse dentro do ámbito territorial establecido, sexan membros ou teñan constituida calquer outra asociación similar.

Art. 10.- Serán socios de honra aquelas persoas físicas que, aínda cando sexan alleas á actividade profesional, sexan consideradas con méritos suficientes para elo pola Asemblea Xeral. Este tipo de socios terán voz, pero non voto nos Órganos de Representación da Asociación, non podendo ocupar tampouco cargos directivos dentro da mesma, se ben gozarán do resto de dereitos e deberes inherentes aos demais socios.

Art. 11.- Os socios causan baixa polas seguintes causas:

A petición propia dirixida por escrito ao presidente da Asociación.

Por cese na actividade que deu orixe á súa incorporación como asociado, a non ser que a Asemblea Xeral estime oportuna a súa permanencia en calidade de socio de honra.

Deixar de aboar a súa conta anual completa, sen perxuizo da esixencia do adeudado, mediante previo aviso por escrit con ao menos 7 días de antelación.

Por acordo da Asemblea Xeral, a proposta da Xunta Directiva, e previa audiencia do interesado.

Art. 12.- Constitúen dereitos dos socios:

Asistir, con voz e voto, á Asemblea Xeral da Asociación e no seu caso, ás reunións da Xunta Directiva.

Elexir e ser elexido para postos de representación e directivos.

Informar e ser informados oportunamente das actuacións da Entidade, así como de cantas xestións se fagan.

Utilizar e gozar de toda clase de servizos específicos que podan crearse pola Asociación.

Coñecer, en todo momento, a situación económica da Entidade.

Art. 13.- Calquera actitude discriminatoria que menoscabe os dereitos lexítimos dos socios, será nula e obxecto da sanción que no seu caso acorde a Xunta Directiva.

Art. 14.- Constitúen deberes dos socios:

Asistir ás reunións dos Órganos de representación e Goberno da Asociación e das Comisións específicas das que formen parte, e a todas aquelas para as que sexan convocados.

Axustar as súas actuacións á legalidade, aos presentes Estatutos e Acordos lexitimamente adoptados pola Asociación.

Colaborar coa Asociación para o mellor cumplimento dos fins.

Satisfacer as cotas acordadas pola Asemblea Xeral en beneficio da Asociación.

Art. 15.- As Sancións que poderán imporse aos membros da Asociación por incumprimento dos seus deberes poderán ser: apercibimento, suspensión temporal, multa e baixa, que se aplicarán pola Xunta Directiva atendendo, en cada caso, á gravidade das circunstancias da falta, previa incoación do oportuno expediente que, en unión á resolución, será elevado á Asemblea Xeral para que esta se pronuncie sobre a súa ratificación. Contra estes acordos os interesados poderán elevar, dentro dos 15 días seguintes ao da súa notificación, recurso ante a Asemblea Xeral, a cal resolverá en última instancia e decidindo o que crea oportuno, dentro dun prazo máximo de 30 días hábiles seguintes ao da súa presentación.

Art. 16.- Os Órganos de Representación e Goberno da Asociación están compostos por:

A Asemblea Xeral

A Xunta Directiva

Tamén poderán crearse Comisións para asuntos específicos, en cuio caso estas terán as funcións prorrogativas que taxativamente se fixaran no acordo para o seu nomeamento.

Art. 17.- A Asemblea Xeral da Asociación é o órgano soberano da mesma e está constituida pola totalidad de membros activos.

Esta Asemblea reunirase alomenos unha vez ao ano, en sesión ordinaria, e con carácter extraordinario, cando así o solicite ou ben a Xunta Directiva ou, alomenos un tercio dos seus membros.

Son funcións da Asemblea Xeral:

Elexir á Xunta Directiva e ao Presidente, que o será á vez da Asemblea.

Aprobar o programa, planos de actuación e balance de xestión presentado pola Xunta Directiva.

Aprobar os orzamentos e liquidación de contas.

Establecer os servizos técnicos, de estudio e asesoramento, e demais que se estimen oportunos, mediante a creación das correspondentes Comisións.

Fixar as cotas a satisfacer, a proposta da Xunta Directiva.

Aprobar e formar os presentes Estatutos.

Sancionar as faltas dos asociados.

Fiscalizar a actuación da Xunta Directiva e demais órganos de representación da Asociación. Podendo, no seu caso aprobar o correspondente voto de censura contra os mesmos, o cal, se é dirixido contra a Xunta Directiva, estará subscrito por, alomenos, un tercio da totalidade dos asociados, dando lugar, no caso da súa aprobación, á automática cesión nos cargos. Neste caso, haberá de nomearse unha Xestora, a cal encargarase de convocar dentro do prazo máximo de 15 días nova Asemblea Xeral, na que se procederá única e exclusivamente ao nomeamento da Xunta e demais órganos de Representación e Goberno correspondentes.

Art. 18.- A Xunta Directiva da Asociación, é o órgano executivo e delegado da Asemblea, e estará constituida, ademais de polo seu Presidente e Vicepresidente, polo secretario, o Tesoreiro e cinco Vogais, elexidos por sufraxio universal directo e segredo por e de entre os que formen parte da Asemblea Xeral.

Art. 19.- Son funcións da Xunta Directiva:

Velar polo cumplimento dos acordos da Asemblea Xeral, como órgano executivo da mesma.

Desenvolver as actividades necesarias na Asociación, para o normal funcionamento da mesma.

Propoñer á Asemblea Xeral os programas de actuación, realizando e dirixindo os xa aprobados, e dando conta á mesma do seu cumplimento.

Xestionar e contratar os servizos técnicos ou administrativos necesarios, dando conta á Asemblea Xeral.

Convocar as reunións ordinarias e extraordinarias da Asemblea, establecendo o oportuno orde do día

Confeccionar para cada exercicio económico o orzamento ordinario de ingresos e gastos propoñendo o efecto e ante a Asemblea Xeral, as cotas que deban satisfacer os asociados.

Decidir en materia de cobros e ordenamento de pagos.

Inspeccionar e velar polo normal funcionamento dos servizos da Asociación, así como polos presentes Estatutos.

Realizar toda clase de informes e estudios.

En casos de extrema urxencia, adoptar decisións sobre asuntos de cuia competencia corresponda á Asemblea Xeral, dando conta delo ante a mesma, a cal será convocada, en reunión extraordinaria, nun prazo máximo de cinco días.

Art. 20.- A Xunta Directiva reunirase en sesión ordinaria, como mínimo unha vez cada dous meses e, en sesión extraordinaria, cando a convoque o Presidente ou así sexa pedido pola terceira parte dos seus membros ou dos da Asemblea Xeral.

Art. 21.- Os membros da Xunta Directiva están obrigados a asistir a cantas reunións sexan convocadas e, se por calquera circunstancia xustificada, non poderan asistir, deberán comunicarllo ao Presidente, podendo delegar o seu voto, mediante escrito firmado, no mesmo ou noutro membro da Xunta Directiva.

Art. 22.- A Xunta Directiva constitúese como un órgano desinteresado e totalmente gratuito, non podendo percibir os seus membros emolumentos polo desempeño dos seus cargos. Nembargantes, estes terán dereito a que se lles aboe o importe das súas viaxes e demais gastos ocasionados pola súa representación, na forma e baixo as condicións que se determinen nos orzamentos para cada exercicio económico.

Art. 23.- O Presidente é o máximo representante individual da Asociación e será elexido, xunto aos demais membros da Xunta Directiva para un período de dous anos, mediante sufraxio universal directo e segredo da totalidade dos membros da Asociación.

Son funcións do Presidente as seguintes:

Presidir a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva.

Dirixir os debates e a Orde das Reunións.

Representar áAsociación, subscribir contratos e outorgar poderes, así como executar toda clase de accións, coa debida autorización dos órganos de composición e goberno, dacordo coa competencia asignada a cada un deles.

Rendir informe anual da súa actuación, e da actuación da Xunta Directiva, á Asemblea Xeral.

Propoñer á Xunta Directiva ou no seu caso á Asemblea Xeral, o nomeamento de cantas Comisións, cargos técnicos ou administrativos, estime necesarios.

Art. 24.- O Vicepresidente é o sustituto do Presidente a todos os efectos e por todo o tempo necesario ata que este termine o seu mandato, cando o Presidente, ben por enfermedade ou ausencia ou polos motivos xustificados que procedese, estea imposibilitado das súas funcións.

Art. 25.- O Secretario é o actuario das reunións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva, dando fe e confeccionando actas de cantas resolucións nela se produzan. Así mesmo velará porque exista en cada momento, un sistema de rexistro adecuado de altas e baixas dos asociados.

Art. 26.- Compete ao Tesoreiro levar a contabilidade, así como a mecánica de cobros e pagos, sen perxuicio das facultades inspectoras atribuidas aos demais membros da Xunta Directiva.

Art. 27.- Os Vogais serán os sustitutos do Vicepresidente, Tesoreiro ou Secretario, e participarán co seu voto nos acordos da Xunta Directiva.

Art. 28.- Tanto a Asemblea Xeral, como a Xunta Directiva, quedarán validamente constituidas cando se atopen representados a metade máis un dos seus membros en primeira convocatoria e, en segunda e última, calquera que fóra o número de asistentes, correspondendo un voto a cada asociado. Os acordos adoptaranse por votación da maioría simple, a excepción dos que se refiran á disolución ou suspensión temporal da Asociación, para o cal será necesario o acordo do 75% dos asistentes á Asemblea Xeral convocada ao efecto. Os afiliados para ter dereito ao voto deberán estar ao corrente do pago das súas cotas.

As convocatorias realizaranse por escrito, cunha antelación mínima de sete días á data de reunión, salvo que se trate de cuestións urxentes e importantes, a xuizo do Presidente, en cuio caso bastará o aviso por palabras sempre e cando se comunicase a Orde do Día dos asuntos a tratar.

Art. 29.- As Comisións establecidas para asuntos concretos e determinados terán o contido, as funcións e a composición que especificamente se acordasen nas Asembleas nas que foran creadas, debendo actuar conforme ao establecido nas mesmas..

Art. 30.- Os recursos financeiros da Asociación estarán integrados por:

  • As cotas dos seus membros.
  • As doazóns e legados a favor da mesma.
  • As subvencións e axudas que podan serlle concedidas.
  • Os ingresos procedentes da venda da súa publicación e similares.
  • Cualquera outros recursos obtidos de conformidade coas disposicións legais vixentes.

Art. 31.- A Asociación suspenderá as súas actividades temporalmente ou disolverase, da forma anteriormente exposta nos presentes Estatutos, establecéndose, ao efecto, o destino que deba de darse aos bens, dereitos, instalacións e servizos da mesma. De non acordarse outra cousa pola Asemblea Xeral, actuarán de liquidadores os membros da Xunta Directiva.

Art.32.- Sólo poderán ser modificados os presentes Estatutos, mediante acordo das tres cuartas partes da totalidade dos membros asistentes á Asemblea Xeral correspondente. O proxecto de modificación deberá ser proposto, alomenos, por unha terceira parte dos Asociados ou pola Xunta Directiva, e será remitido a todos os membros da Asociación cunha antelación de 15 días á data de reunión que, a tal efecto, deba convocarse.

Estes estatutos entrarán en vigor dende o momento mesmo da súa aprobación pola Asemblea Xeral Constituinte.

A Xunta Directiva encargarase daquelas funcións que non estean atribuidas expresamente mediante estes estatutos a outro órgano e sempre que sexa acordado pola Asemblea Xeral, que a tal efecto se celebre, mediante maioría simple.

Para facer constar que estes Estatutos son os refundidos recollendo as modificaciones aprobadas pola Asemblea Xeral na data 23 de Maio de 2011.