Receita cedida por Restaurante Ternera Grill Ingredientes: Para 8 personas -500 gr. de tallarines. -150 gr. de anillas de calamar. -150...
Fabada galega
Receita cedida por Mesón Avenida
Ingredientes para 6 - 8 persoas
3 chourizos caseiros pouco curados.
1 pedaciño de panceta.
1 punta de xamón.
1/2 tira de costela de porco salgada.
1 cebola.
2 dentes de allo.
400 gramos de fabas
aceite de oliva virxe.
pementón doce de la Vera e sal.
Preparación:
1.-Teremos que poñer en remollo a noite anterior a costela de porco e as fabas (nós témolas frescas conxeladas, en tal caso non poñemos en remollo)
2.-Picamos o xamón e a panceta en dados. Despois picamos os chourizos caseiros primeiro en rodelas e despois cortámolas á metade.
3.-Nunha pota grande á que engadimos un bon chorro de aceite de oliva, poñemos a fritir a cebola enteira e o allo, pero sen que se queime. Engadimos despois o chourizo, a panceta e os dados de xamón.
4.-Deixamos que solte ben o mollo e despois engadimos as fabas, a costela e cubrímolas con auga fría.
5.-Estará cociñándose a lume baixo e cando empeze a ferver desengrasarémolo quitando esa escuma branca coa axuda dun cucllerón. Cando vexamos que a auga se reduce, asustamos as fabas cunha cunca de auga fría, a que sexa necesaria para volver a cubrilas.
6.-Cociñar durante 90 minutos máis o menos a lume lento ata que a faba estea tenra.
7.-Cun garfo machacamos a cebola, unhas poucas fabas e unha cullerada de pimentón dulce. Removemos e agregámolo á fabada. Así darémoslle sabor e espesaremos o prebe da fabada.
8.-Acabamos cun chorriño de aceite virxe.
Novas relacionadas
09/07/2020
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes para 8 personas: -Quilo e medio de bonito, libre de pel e espiña -1 quilo de patacas...
25/06/2020
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes para 4 persoas: 1 kg 200 g de bacallau salgado e desalgado por nós 1 kg. de mazá Ka...
28/05/2020
Receita cedida por Restaurante Casanova (Betanzos) Ingredientes: -Lombo de atún vermello -Brotes tenros -Ajonjolí bicolor -boliño de...