A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA, foi unha das galardoadas coa distinción Garelo que...
Falece o xesuíta betanceiro Santiago de la Fuente
Santiago de la Fuente nunha imaxe de arquivo
O xesuíta betanceiro Santiago de la Fuente faleceu o pasado 10 de decembro en República Dominicana, onde levaba residindo dende 1988. Naceu en Betanzos en 1938 cidade na que foi ordeado sacerdote 30 anos despois e onde fundou o Seminario de Estudios Mariñás Untia.
Trala súa primeira estadía en Santo Domingo, onde exerceu como docente e despois de asentarse en Betanzos decidiu regresar á República Dominica onde se estableceu definitivamente en 1988.
Foi o autor da primeira cartografía da República Dominicana, primeiro cunha versión para escolares e despois cunha ampliada para universitarios. Foi investigador, teólogo e docente universitario. Publicou diversos traballos de investigación, varios deles adicados a Betanzos e artigos en varios medios de comunicación.
En setembro de 2010 un grupo de ex-alumnos homenaxeouno coa publicación, costeada por eles mesmos, do libro “Se buscan realizadores para una Dominicana Mejor”, unha compilación de artigos nos que de la Fuente reflectía os seus “soños” para a República Dominicana.
Os seus ex-alumnos destacaron del que os ensinou a pensar con profundidade e a albergar a posibilidade de construir con esforzo, compromiso e adicación unha realidade moi distinta á que se vive na República Dominica e definiron os seus textos como “todo un código moral, un manual para gobernar”.
Santiago de la Fuente faleceu na República Dominicana aos 74 anos de idade.
Novas relacionadas
08/09/2009
A empresa participada por Banesto, como propietaria das vivendas unifamiliares inacabadas do Pasatempo, ven de solicitar ante o Concello a licencia ...
08/09/2009
O Concello retira a ponte de madeira que será sustituida por outra de deseño similar A ponte de madeira do malecón pasou á historia. O seu dete...
05/11/2009
O Concello ten que reordenar os estacionamentos no entorno do acuartelamento para cumprir os requisitos de seguridade que regula o Ministerio de...