Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...
Filete de polo á Napolitana
Receita cedida por Ternera Grill
Ingredientes (para dúas persoas):
-1 peituga de polo fileteada
-Ourego
-Sal
-Aceite de Oliva
-Pementa negra
-1 bote pequeno de tomate frito
-150 g de queixo mozzarella
-Tomates cherry
Elaboración:
-Para a salsa:
Nunha pota pequena verquemos o bote de tomate frito, agregámoslle ourego, sal, pementa e unha pizca de azucre, poñémolo ao lume ata que ferva e reservamos.
-Os filetes:
Sazoámolos con sal, pementa e allo.
Nunha tixola a lume medio alto botámoslle un chorriño de aceite e agregamos os filetes de polo.
Cando estean listos, emplatámolos e colocámoslle a salsa (cantidade ao gusto) por enriba e queixo mozzarella, tamén un toque de ourego e uns tomates cherry para decorar.
Podemos acompañalo con arroz ou con patacas fritas.
Receita fácil e rica que non leva máis de 15 minutos de preparación.
Novas relacionadas
25/09/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...
01/05/2021
Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...
26/03/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...