Atopan en Santa María un relevo de estilo gótico sen catalogar

A alcaldesa, María Barral, xunto ao párroco Santiago Pérez e á restauradora Milagros Martínez / FOTO ARUME

A restauración do retablo de San Pedro, na igrexa de Santa María do Azougue, deixou ao descuberto unha peza da que non se tiña coñecemento e que probablemente estea datada no século XV, según explicaron os restauradores. Trátase dun arcosolio oxival de estilo gótico no que se reproduce unha escea da anunciación, moi similar a outra existente no templo de San Francisco. Ademais, conserva policromía, algo que lle aporta aínda máis valor, subliñou Milagros Martínez da empresa Techne SC, responsables da restauración.

O relevo apareceu cando se desmontaron dúas pezas laterais do retablo para iniciar o estudio de restauración. Trala sorpresa inicial, os técnicos elaboraron un novo proxecto no que se contempla a posible reubicación do retablo, unha vez restaurado, para que o arcosolio poida quedar visible. O párroco da Unidad Pastoral de Betanzos, Santiago Pérez, subliñou que a proposta de recolocación do retablo non é doada, mais o proxecto conta co visto bo do Arcebispado.

O procedemento consistiría en desmontar o retablo para ir restaurando as pezas e posteriormente trasladalo a unha nova ubicación dentro do templo: “inicialmente non estaba aquí colocado senón que xa fora reubicado a principios do século XX”, explicaron os técnicos.

O custe estimado do proxecto rolda os 90.000 euros. Unha vez autorizado, os técnicos consideran que poderían tardar entre nove meses e un ano en rematar a reparación do retablo, reubicalo e restaurar a policromía do arcosolio.

A peza achada podería corresponder a un enterramento do que non se teñen datos nin ningunha referencia escrita previa. No templo existen outros arcosolios similares pero con menos ornamentación.

O párroco da Unidad Pastoral de Betanzos, Santiago Pérez, xunto coa alcaldesa, María Barral e a especialista en restauración e conservación de bens culturais, Milagros Martínez, presentaron o achádego aos medios de comunicación. A intención é que “poida estar á vista no prazo máis breve de tempo posible”, explicaron.


Novas relacionadas


A PLATAFORMA SOS HOSTELERÍA BETANZOS CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 24 PARA RECLAMAR UN PLAN DE RESCATE

23/02/2021

A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...


leer máis


O SERGAS DETECTA EN BETANZOS TRINTA POSITIVOS DURANTE O CRIBADO POBOACIONAL

10/02/2021

Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...


leer máis


SANIDADE INICIA MAÑÁ UN CRIBADO EN BETANZOS A 8.000 PERSOAS DE ENTRE 18 E 60 ANOS

27/01/2021

Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...


leer máis


O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA INCENTIVAR O CONSUMO LOCAL CON 6.000 EUROS EN TARXETAS REGALO

23/11/2020

O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...


leer máis