#faitesocio

Asesoramento legal e informativo gratuíto

Organización periódica de campañas e actividades de promoción

Convenios con bancos, empresas, entidades… con condicións vantaxosas para @s soci@s

Descontos nos tickets de aparcamento de Parking Betanzos

Prezos vantaxosos na contratación de publicidade en “Betanzos e a súa comarca”

Cursos de formación gratuítos para soci@s

Déixanos os teus datos

e contactaremos contigo
Lin e acepto as condicións de uso

VANTAXES DE SER SOCI@ DE ACEBE CCA

ACEBE CCA É UNHA ASOCIACIÓN CUNHA INFRAESTRUTURA CREADA EN CONSTANTE EVOLUCIÓN..

A Asociación, con case corenta anos de traxectoria, aglutina a maior parte do pequeno comercio local de Betanzos. Dispoñemos dun equipo técnico e humano con formación e experiencia e en constante evolución.

VÍNCULO DE UNIÓN ENTRE O SECTOR COMERCIAL E INSTITUCIONAL A NIVEL LOCAL, PROVINCIAL E AUTONÓMICO.

Mantemos contacto directo coas institucións locais, provinciais e autonómicas para estar ao día de calquera iniciativa promovida por estes organismos e informar puntualmente aos nosos socios e socias.

CONVENIOS CON BANCOS, EMPRESAS E ENTIDADES CON CONDICIÓNS VANTAXOSAS PARA @S SOCI@S.

Temos asinado convenios con entidades bancarias, empresas e asociacións para que @s nosa@s soci@s poidan beneficiarse de descontos e condicións vantaxosas na contratación de servizos. Ademais, @s nos@s soci@s poderán ofrecer descontos e promocións aos restantes integrantes da asociación.

EDITAMOS UN PERIÓDICO ÚNICO NA COMARCA CUNHA TIRADA DE 13000 EXEMPLARES.

“Betanzos e a súa comarca”, un periódico mensual, gratuíto, con máis de 25 anos de historia, que se distribúe en Betanzos e nos municipios da bisbarra chegando a 13.000 fogares. Un medio de comunicación con información de Betanzos e da comarca, deportes, saúde, entrevistas, reportaxes, información xuvenil… a plataforma ideal para a promoción do comercio e das empresas do municipio e da contorna.

CURSOS DE FORMACIÓN GRATUÍTOS PARA @S NOS@S ASOCIAD@S.

Información puntual sobre actividades formativas e organización de charlas e de cursos gratuítos de utilidade para @s nos@s soci@s.