ACEBE

ACEBE CCA Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto

Historia

A principios dos anos 80 créase a Asociación de Comerciantes de Betanzos (ASCOBE), xerme da actual ACEBE CCA. A este colectivo únese posteriormente ode empresarios, dando lugar á Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos -ACEBE-.

Integrada na Federación Galega de Comercio, en 2005, a organización incorpórase á rede de Centros Comerciais Abertos, trala aprobación do Estudo de Viabilidade por parte da Xunta de Galicia, xerando un cambio significativo na súa actuación e, polo tanto, no nome, dando como resultado o actual e definitivo: ACEBE CCA, Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Abierto.

Ao longo da súa traxectoria a Asociación desenvolveu diferentes accións promocionais e de fidelización de clientes como as campañas estacionais de Nadal e de verán que se manteñen na actualidade.

No ano 2008 celébrase a primeira edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do Comercio de Betanzos que ano tras ano foise consolidando como un dos referentes de promoción e venda no noso municipio. Actualmente, a asociación segue organizando MercaBetanzos unha vez ao ano, xeralmente no mes de setembro.

A estas actividades súmanse outras como dúas edicións da Semana de Comercio e Turismo, varios desfiles de moda, dúas Feiras Empresariais e do Comercio de Betanzos, campañas promocionais puntuais e outros eventos nos que se combinan lecer, promoción comercial e fidelización, como é o caso das pistas de xeo u os parques infantís de xogos, Betanchef e outras accións de dinamización coas que a asociación busca non só dinamizar a economía local senón tamén o turismo e atraer visitantes á cidade.