A Xunta activa os programas de axudas a microempresas e hostalería

Foto master1305 / freepik.es

A Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo de solicitude de dous novos programas de axudas destinadas a microempresas e a hostalería que completan o Plan de rescate do goberno autonómico aos sectores máis afectados pola pandemia.

O programa orientado a microempresas e hostalería aportará 4.000 euros nun pago único en dúas anualidades para aquelas microempresas que se acolleran a ERTE desde a declaración do Estado de Alarma e que declarasen perdas do 50% no ano 2020. As actividades económicas especialmente paralizadas ou as empresas con máis de 10 persoas traballadoras destes sectores recibirán 5.000 euros.

As beneficiarias das subvencións deberán manter a actividade económica e o emprego durante seis meses desde a publicación da orde de axudas.

Ademais, abriuse a convocatoria dun programa de axudas automáticas ao sector da hostalería pechado do que poderán beneficiarse autónomos, microempresas, pemes ou traballadores autónomos con persoal ao seu cargo do sector de hostalería, hoteis, hostais, casas rurais e outro tipo de aloxamentos afectados por peche conforme ás directrices das autoridades sanitarias.

Neste caso, a Xunta apoiará con 1.500 euros mensuais, desde o mes de outubro, para peches mínimos de dúas semanas. As empresas de máis de 10 persoas traballadoras recibirán 2.000 euros ao mes, contados dende outubro. Estas axudas serán compatibles con outras do Plan de Rescate da Xunta e doutras administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado dende o 28 de novembro, data de publicación da orde.

O Plan completa a liña de subvencións convocadas hai uns días para persoas traballadoras por conta propia, dotadas con 1.200 euros para os autónomos de calquera actividade económica, con e sen persoal contratado ao seu cargo, e con 2.000 euros para autónomos que pertenzan a sectores ou actividades económicas especialmente paralizadas.


Novas relacionadas


A CAMPAÑA “DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO” SORTEA 20000 EUROS EN PREMIOS NA SÚA EDICIÓN DE VERÁN

10/06/2024

A Campaña "Días Azuis do comercio galego" sorteará na súa edición de verán 20000 euros en tarxetas regalo para gastar no pequeno comercio de pro...


leer máis


A XUNTA PON EN MARCHA A CAMPAÑA BONO ACTIVA COMERCIO A PARTIR DO 26 DE ABRIL

24/04/2024

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Comercio e coas Asociacións Provinciais, acaba de poñer en marcha a campaña Bono Act...


leer máis


A EDICIÓN DE VERÁN DA CAMPAÑA DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO SORTEA 12000 EUROS EN PREMIOS

01/06/2023

Comeza a Campaña Días Azuis do Comercio Galego que se desenvolverá entre o 5 e o 25 de xuño e que sorteará 12.000 euros en tarxetas regalo entre ...


leer máis


A XUNTA ABRE A INSCRICIÓN DOS COMERCIOS NA CAMPAÑA BONOS ACTIVA COMERCIO

14/04/2021

A Xunta acaba de abrir a inscrición dos establecementos comerciais á campaña Bonos Activa Comercio, unha iniciativa mediante a que se ofrecen aos c...


leer máis