Receita cedida por Restaurante Cho Ingredientes -300 g de bacallu desalado -80 g de calabacín -30 g de gulas -1 dente de allo -2 la...
Xarrete de vaca ao noso estilo
Receita cedida por Mesón Avenida
Ingredientes:
-3 kg de xarrete de vaca
-1 cebola
-1 cenoria
-pemento vermello
-5 dentes de allo
-1 cullerada pequena de pimentón doce
-1 cullerada pequena de graos de pementa negra
-1 vaso de viño tinto (o viño que vaiades beber)
-1 folla de loureiro
-Sal e pementa moída
-Aceite de oliva virxe
Elaboración:
1.-Cortar o xarrete en medallóns grosos. Salpimentar. Quentar unha cazola coun chorriño de aceite. Selar os medallóns de ambos lados, ata que estean ben dourados.
2.-Picar a cebola e o pemento. Cortar a cenoria en rodelas, os dentes de allo en láminas. Incorporar á cazola xunto cos grans de pementa e o pementón.
3.-Remover para integrar e verquer o viño. Deixar que o alcohol se evapore durante cinco minutos. A continuación, agregar a auga ata cubrir.
4.-Baixar o lume, tapar a pota e deixar que se cociñe durante 2 horas como mínimo. A carne debe quedar moi tenra. Se é preciso, agregar máis auga ao longo da cocción para que a preparación non se seque.
5.-Remover de vez en cando. Rectificar o punto de sal. Servir unha porción de xarrete de tenreira guisado cunha guarnición de patacas fritidas. Se gostades dun guisado contundente, engadir patacas chascadas media hora antes de apagar o lume.
Novas relacionadas
19/08/2020
Receita cedida por Restaurante Ternera Grill Ingredientes: Para 8 personas -500 gr. de tallarines. -150 gr. de anillas de calamar. -150...
09/07/2020
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes para 8 personas: -Quilo e medio de bonito, libre de pel e espiña -1 quilo de patacas...
25/06/2020
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes para 4 persoas: 1 kg 200 g de bacallau salgado e desalgado por nós 1 kg. de mazá Ka...