Xurelos de "verdade" en escabeche

Receita cedida por Restaurante San Andrés

Ingredientes:

-3 kg. de xureliños en temporada

-Sal ao gusto

-Fariña

-Aceite de Oliva Virxe Extra para fritilos e uns 350 ml para o escabeche

-3 cebolletas

-4 folliñas de loureiro

-2 culleradas sopeiras de pimentón doce

-Vinagre de Jerez (100 ml)

Elaboración:

1.-Limpamos os xureliños e deixámolos de un día para outro no frigorífico cun pouco de sal de escamas, que escurran ben e se endurezan un pouco.

2.-Poñemos a quentar o aceite ocupando un pouco menos da metade da tixola a utilizar, e sen fumear comezamos a fritir de 10 en 10 aproximadamente. Se temos coidado de manter unha boa temperatura do aceite poderemos fritilos todos. Ao final, sudar nese aceite as cebolletas.

3.-Aparte templaremos o vinagre, o aceite, o pimentón e o loureiro nunha cazola grande de barro e incorporaremos os xurelos xa fritidos.

4.-Deixámolos uns 15 minutos emulsionando e retiramos do lume mínimo.

5.-Unha vez a temperatura ambiente, gárdanse no frigorífico para degustar a partir do segundo día.


Noticia extraída do Nº 344 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


PISTO DE VERDURAS

31/10/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...


leer máis


TARTA DE ARÁNDANOS

25/09/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...


leer máis


PESCADA EN SALSA DE PEMENTOS DE PIQUILLO

01/05/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...


leer máis


CROQUETAS VEXETARIANAS

26/03/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...


leer máis