A alcaldesa anuncia en Fitur a intención de crear un selo de garantía da Tortilla de Betanzos

Betanzos busca avanzar na promoción da tortilla de Betanzos coa creación dun selo de garantía para os hostaleiros do municipio. Así o anunciou a alcaldesa, María Barral, na Feria Internacional de Turismo (Fitur) que se celebra en Madrid e na que Betanzos conta con stand propio.

Precisamente un dos aspectos que o Concello está a potenciar en Fitur é a Tortilla de Betanzos e a proposta de creación do selo de garantía serviría para distinguir aos establecementos nos que se degusta este prato seguindo as características específicas da tortilla de Betanzos: “é dicir, unha tortilla solta, elaborada con pataca, ovo, aceite de oliva e sal”, concretou a alcaldesa.

Co selo “pretendemos distinguir entre os hostaleiros de Betanzos, que utilizan produtos de proximidade da nosa comarca para elaborar a tortilla, e que levarían este selo de garantía, de outros que, non sendo de Betanzos inclúen nas súas cartas este tipo de tortilla”, explicou Barral. Para estes últimos, o Concello prevé crear o denominado selo de “tortilla estilo Betanzos”.

A alcaldesa mencionou o esforzo dos establecementos de hostalería que, coa colaboración do Concello, axudaron “ao crecemento da marca Tortilla de Betanzos durante estes últimos anos ata ter un recoñecemento como a mellor tortilla de España”, dixo.

María Barral destacou na súa intervención ante os turoperadores presentes no stand de Galicia o papel de Betanzos como destino turístico. Na presentación, que levaba por título: “Betanzos, historia viva”, Barral fixo fincapé na historia, na cultura, nas festas, no comercio e na gastronomía e destacou o casco histórico que fai de Betanzos un referente do gótico galego, as portas medievais, os edificios emblemáticos como a Casa Núñez sede do Centro Internacional de la Estampa Contemporánea. Tamén incidiu no legado dos Irmáns García Naveira e, especialmente o Pasatempo, sen esquecer as referencias ao entorno natural e aos ríos Mandeo e Mendo.


Novas relacionadas


A PLATAFORMA SOS HOSTELERÍA BETANZOS CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 24 PARA RECLAMAR UN PLAN DE RESCATE

23/02/2021

A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...


leer máis


O SERGAS DETECTA EN BETANZOS TRINTA POSITIVOS DURANTE O CRIBADO POBOACIONAL

10/02/2021

Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...


leer máis


SANIDADE INICIA MAÑÁ UN CRIBADO EN BETANZOS A 8.000 PERSOAS DE ENTRE 18 E 60 ANOS

27/01/2021

Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...


leer máis


O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA INCENTIVAR O CONSUMO LOCAL CON 6.000 EUROS EN TARXETAS REGALO

23/11/2020

O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...


leer máis